Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (190/1995).

Auto de resolución definitiva 103/1995.

En Negreira o once de decembro de mil novecentos noventa e cinco

Feitos

Primeiro: Que o procurador Raposo Quintáns, designado en quenda de oficio para a representación de María del Carmen Blanco Suárez, maior de idade, veciña de Santa Comba, con domicilio no lugar de Cruce, parroquia da Pereira, formulou mediante outrosí, no seu escrito de demanda, solicitude de medidas provisionais fronte ó demandado Avelino Quintáns Cundines, en ignorado paradoiro

Segundo: Formada a correspondente peza separada celebrouse a comparecencia previda na lei o día 27 de novembro de 1995, á que concorreu a solicitante, non comparecendo o Ministerio Fiscal nin o demandado a pesar de ter sido citado en legal forma, practicándose as probas propostas e declaradas pertinentes, incluída a audiencia dos menores, co resultado que consta en autos.

Razoamentos xurídicos

Primeiro: establece o artigo 103 do Código Civil que o xuíz, admitida a demanda de separación ou divorcio e a fata de acordo dos cónxuxes adoptará, con audiencia destes, as medidas provisionais sobre os extremos de orde persoal e patrimonial que detalla e que han de rexe-la situación dos cónxuxes ata que recaia sentencia ou se poña fin ó procedemento doutro modo (artigo 106 do Código Civil). De entre as medidas solicitadas por Carmen Blanco pasamos a comentar aquelas que consideramos máis conflictivas.

Segundo: Segundo se acreditou, desde o pasado verán, en que o marido abandonou o domicilio familiar, non volveu a el, nin viu os seus fillos nin achegou cantidade ningunha para o levantamento das cargas familiares. Os fillos do matrimonio viven, como o fixeron sempre, coa súa nai e desexan continuar nesa situación polo que ha de se acceder ós seus desexos; o artigo 94 do Código Civil establecendo o dereito deber do proxenitor que non teña consigo os fillos menores a visitalos, comunicar con eles e telos na súa compañía, o que consitúe un dereito dos fillos, e tendo en conta a idade dos menores, Jesús de 15 anos e María de 13, e dado que ignorámo-las circunstancias persoais do pai, paréceno-lo máis beneficioso para eles deixar á súa elección tales comunicacións e visitas, polo momento.

Merece tamén consideración a cantidade pedida en concepto de alimentos (30.000 ptas. para cada un); encontrámonos aquí cunha obriga establecida nos artigos 93 e 103 do Código Civil, que debe acomodarse tanto ás necesidades dos fillos como ás circunstancias económicas do proxenitor e da certificación do INEM; o único que nos consta é que deixou de percibi-lo subsidio de desemprego por colocación pero non coñecémo-las condicións desta nin a súa remuneración, polo que fixamos como alimentos para ámbolos fillos, sen prexuízo de ulteriores modificacións, a cantidade de 30.000 ptas. mensuais.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral aplicación, dispoño que debo acordar e acordo as seguintes medidas:

Primeira: a separación provisional dos cónxuxes e a revogación dos consentimentos e poderes que calquera deles lle outorgase ó outro.

Segunda: a atribución da garda e custodia dos fillos menores de idade, Jesús Manuel e María, á nai, María del Carmen Blanco Suárez, pero exercendo ámbolos cónxuxes a patria potestade.

Terceira: non se considera conveniente para os fillos establecer réxime de visitas para o seu pai, Avelino Quintáns, sen prexuízo de que os menores, sempre que o desexen, poidan comunicar e estar en compañía do seu pai.

Cuarta: a asignación do uso da vivenda familiar, así como do mobiliario e enxoval doméstico existente nela, a María del Carmen Blanco Suárez, que residirá na dita vivenda en compañía dos seus fillos.

Quinta: do inventario do mobiliario e enxoval doméstico existente no domicilio conxugal poderá retirar Avelino Quintáns Cundines, logo de inventario, os seus obxectos persoais e da súa exclusiva pertenza se non o fixera xa.

Sexta: en concepto de levantamento de cargas do matrimonio e alimentos para os fillos menores, Avelino Quintáns Cundines aboaralle á Sra. Blanco Suárez por meses anticipados e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, a cantidade de 30.000 ptas. mensuais, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996, que será actualizada anualmente segundo a porcentaxe de incremento que experimente os ingresos económicos do obrigado ó pagamento e o índice que estableza o Instituto Nacional de Estatística.

Sétima: non procede acordar ningunha outra medida no presente trámite procesual nin facer expresa condena ás custas.

Contra este auto non cabe ningún recurso, se ben se poderá formular oposición a el, no prazo de 8 días seguintes ó da súa notificación, conforme o artigo 1900 da Lei de axuizamento civil.

Así o dispoño, mando e asino.

O xuíz

Rubricado

8368