Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 567

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (8/1993).

Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 8/1993, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Manuel García Boado, en representación de Banco Simeón, S.A., contra Construcciones Erolo, S.L., Manuel Roel Otero, Felisa López Rey, Santiago López Rey, Dolo

res Fernández Val, Ramón Edreira Viñas e Celia García Baña, en reclamación de cantidade, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración por perito os seguintes predios embargados ós demandados:

1. 2/6 partes indivisas do predio rústico, labradío e monte ó norte do camiño de unha hectárea e 83 áreas, no termo de Piñeiro, municipio de Ames. Linda: norte, Jesús Pérez Figueiras, herdeiros de Sara Guardado; Celia Gómez Iglesia; sur, muro que a cerra e a separa do camiño da igrexa parroquial de San Manuel de Piñeiro, terreo que está á fronte da casa rectoral, horta cerrada da rectoral, cemiterio parroquial e de novo camiño que antigamente conducía a Troitosende e hoxe de servidume; leste, Carmen Carracedo Illodo, Juan Noya Iglesias e oeste camiño de servidume. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 11, do libro 163, de Ames, tomo 673, predio 16211. Prezo de valoración 1.525.000 ptas.

2. 2/6 partes indivisas do predio rústico, labradío ó sur do camiño de tres hectáreas e oitenta e dúas áreas, sito no termo de Piñeiro, municipio de Ames. Linda: norte, camiño da igrexa paroquial de Piñeiro e logo continúa de servidume; sur, Hilario Seoane Villaverde, Manuela Caneda, Ramón Jallas, José Páramos, Manuel Rey, Avelino Barreiro; leste, camiño de concentración parcelaria e oeste, testas de predios de Ramón Casais, outra da herdanza, Carmen Caneda, Manuel Pena González, José Senra, Eugenio Martínez, Juan Muíño, herdeiros de Carmen Carrillo Pena e outros dous. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 113, do libro 163 de Ames, tomo 673, predio nº 16213. Prezo de valoración 3.048.000 ptas.

3. 2/6 partes indivisas do predio rústico, monte no sitio de Carmaliños ou Agro do Pascal e Campeliños, cerrado sobre si con muro que o cerra e separa polo norte, do camiño do monte de Piñeiro, da superficie de catro hectáreas cincuenta áreas e sesenta centiáreas, sito en termos da parroquia de Piñeiro, municipio de Ames. Linda: norte, camiño de Piñeiro; sur, muro que a separa de monte de Tapia chamado Carcaixeiras; leste, Antonio Gil e José Fernández e oeste herdeiros de Juan Martínez. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 115, libro 163 de Ames, tomo 763, predio nº 16215. Prezo de valoración 3.755.000 ptas.

4. 4/36 partes que dan dereito ó uso exclusivo das prazas de garaxe nº 13, 14, 15 e 16 dun edificio sito na rúa Rosalía de Castro no Milladoiro. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 128, libro 179 de Ames, predio 17195. Prezo de valoración 3.000.000 de ptas. as catro prazas.

5. Urbana, vivenda letra H da planta 5ª dunha casa sita na Avda. de Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro, concello de Ames, duns 120 m. Ten o seu acceso polo portal II. Linda, tomando como referencia o descanso da escaleira: fronte, o dito descanso, patio de luces e vivenda letra G; fondo, rúa de nova apertura sen denominación; dereita, entrando, rúa de nova apertura sen denominación

e esquerda, vivenda letra C. Ten como anexo os rochos na planta baixo cuberta sinalados cos nº 19 e 20 que se poderán comunicar interiormente coa vivenda. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 135 do libro 173 de Ames, tomo 728, predio nº 17291. Prezo de valoración 13.200.000 ptas.

6. Urbana, número un, planta baixa dunha edificación no sitio de Coruxa, no lugar do Milladoiro, municipio de Ames, na zona de concentración parcelaria de San Xoán de Calo a fins comerciais ou industriais da superficie de 75 m. Ten o seu acceso a través do portal situado no vértice noroeste do edificio. Linda: leste ou fronte, estrada da Coruña a Tui; oeste ou costas de Andrés González Nieto; e sur ou esquerda, de Francisco González Sánchez e outros, e portal e escaleira de acceso do predio matriz. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 96 do libro 197, tomo 886, predio nº 19181. Prezo de valoración 13.125.000 ptas.

7. Urbana número oito, vivenda A ou leste, do piso 4º ou planta 5ª en orde de construcción dunha casa sita na zona de concentración parcelaria de San Xoán de Calo, concello de Ames. Mide 69 m e 50 dm. Ten a súa entrada polo norte. Linda: norte, caixa de escaleiras e Adelina Carreira Martínez; sur, María Costoya Raña; leste, zona excluída, hoxe estrada da Coruña-Tui e oeste, caixa de escaleira e vivenda nº 9. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 170 do libro 150, tomo 588, predio nº 15069. Prezo de valoración 7.600.000 ptas.

8. Urbana, casa composta de baixo cerrado polos catro ventos e unha planta alta habitable sobre este, coa extensión cada unha delas de 130 m, no sitio de Outeiro de Vilar, sito no lugar de Vilar de Calo, parroquia de Calo, municipio de Teo. Élle anexo o resto non edificado. Casa e terreo forman un só predio da extensión total de dez áreas e setenta e oito centiáreas, que linda: norte, herdeiros de José Blanco; sur, testas de varios; leste, Josefina Seoane e oeste, ignórase. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 547, libro 180 de Teo, folio 85, predio nº 19128. Prezo de valoración 18.000.000 de ptas.

9. Vivenda letra A da planta segunda da rúa Betanzos nº 22 de Santiago de Compostela. Extensión 42 m. Élle anexa a metade esquerda da planta de aproveitamento baixo cuberta vista desde a rúa e coa que ten comunicación interior. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, tomo 1050, libro 86, folio 115, predio nº 7939. Prezo de valoración 5.650.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o próximo día 12 de marzo de 1996 ás doce horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o de valoración sinalado na descrición de cada un dos predios, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592-17-8-93 ó vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Unicamente a parte actora poderá face-lo remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

8. Sen prexuízo de que se leve a cabo a notificación ós debedores da celebración das poxas no domicilio que consta en autos sirva a publicación do presente de notificación ós debedores para o caso de non seren atopados.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 11 de abril de 1996, ás doce horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 15 de maio de 1996, tamén ás doce horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o trece de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

0150