Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996 pola que se amplía o prazo de inscrición dos cursos para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

Co propósito de facilitarlles ós interesados a súa inscrición nos cursos para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia, anunciada a súa convocatoria no DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 1996, faise público que se prorroga ata o próximo día 12 de febreiro o prazo para a formalización das matriculacións na citada actividade.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-8410