Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (459/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo en autos de proceso de cognición que se seguen neste xulgado co número 459 de 1995, por instancia de Gasolina, Lubrificantes, Respostos, S.A. (Galuresa), representada pola procuradora Losada Gómez, sobre reclamación de cantidade, pola presente cédula emprázase a demandada CEC Galega, S.L., con CIF B-15412562, con domicilio en Avda. da Estrada Núm. 8, baixo, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de nove días, compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de recaer sobre dela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento en forma á citada demandada, CEC Galega, S.L. a quen se lle fai saber que as copias da demanda e os documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o once de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

8320