Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (505/1984).

Nos autos de xuízo de menor contía número 505/1984, que se seguen neste xulgado a pedimento de Manuel Pandelo López e outros, representados polo procurador Regueiro Muñoz, contra Manuel Piñeiro Yáñez, representado pola procuradora Regueiro Muñoz e outros, sobre declaración de dereitos e nulidade de contrato; polo demandado mencionado, Manuel Piñeiro Yáñez foron citados de evicción Julia Liñeira García, Pilar Liñeira García, Benedicto Liñeira García e Gloria Liñeira García, e foron emprazados co fin de que, no termo de vinte días, comparezan en forma legal e contesten, baixo apercibimento de que, de non verificalo, recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que así conste e lles sirva de cédula de emprazamento en forma ós citados de evicción Julia Liñeira García, Pilar Liñeira García, Benedicto Liñeira García e Gloria Liñeira García, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretaro xudicial

Rubricado

8358