Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (247/1983).

En virtude de resolución do maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dictada neste día en expediente de xurisdicción voluntaria de dominio seguido neste xulgado co número 247/1983, por instancia de Claudio Orois Couso, sobre reanudación do tracto sucesivo interrompido do predio que se describe, predio 311 do Plano Xeral do Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural da zona de San Félix de Afora, en Santiago de Compostela, no sito de Monte Pena María, destinada a labrantío, secaño e monte, de catorce áreas e cincuenta e sete centiáreas. Estrema: norte, de Bernardino Iglesias Rozas (310); sur, con Rosa García Vieites (312); leste, con camiño construído por concentración parcelaria, e oeste, parroquia de Santo André. Inscrito no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, a favor de Esclavitud Iglesias Vieites ó tomo 622, libro 279, folio 59, predio 15594, cítase os habentes causa daqueles de quen proceden os bens e as

persoas ignoradas a quen poida prexudica-la inscrición solicitada co fin de que no termo de dez días a partir da publicación da presente cédula poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela, catro de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

8319