Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 499

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (367/1992 e 51/1993).

En Padrón a 13 de xaneiro de 1995.

En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción desta vila e o seu partido xudicial, de conformidade coa resolución dictada con esta data nos autos de xuízo de cognición nº 367/1992 e 51/1993, seguido neste xulgado por instancia de Serafín Rodríguez Danza e Nieves Ríos Terceiro representados polo procurador García Boado contra os demandados Carmen e Manuel Seco Castaño, María Teresa, José, Manuel e Victoria Jamardo Seco, acordouse notifica-la sentencia ós demandados rebeldes: Manuel Seco Castaño, María Teresa, José, Manuel e Victoria Jamardo Seco que ten como encabezamento o seguinte:

En Padrón o 1 de marzo de 1994.

Vistos por Raimundo San Adrián Otero, xuíz de primeira instancia e instrucción de Padrón e o seu partido, os autos de xuízo de cognición 367/1992, ó que se acumulou o 51 /1993 promovido o primeiro por Serafín Rodríguez Danza e Nieves Ríos Terceiro, representados polo procurador García Boado e dirixidos polo letrado Pardal Castro, contra Carmen Seco Castaño, Manuel Seco Castaño, María Teresa Jamardo Seco, José Jamardo Seco, Manuel Jamardo Seco e Victoria Jamardo Seco declarados todos en rebeldía, a excepción de Carmen Seco Castaño.

Decido: que considerando a demanda formulada por Serafín Rodríguez Danza e a súa esposa Nieves Ríos Terceiro contra Carmen Seco Castaño, Manuel Seco Castaño, María Teresa Jamardo Seco, José Jamardo Seco Manuel Jamardo Seco e Victoria Jamardo Seco, debo declarar e declaro que o predio descrito co feito primeiro da demanda está gravado con servidume de luces e vistas en favor do predio referido no feito 2º desta. Que os demandados están obrigados a pechar e tapia-las tres ventás referidas no feito 2º da demanda, existentes na parede oeste da súa casa-vivenda, con menos de dous metros de distancia da liña de separación da súa casa co predio Pallal dos demandantes, descrito no feito 1º da demanda, e, en consecuencia , debo condenar e condeno a estar e pasar por estas declaracións, todo iso con expresa imposición de custas a estes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de apelación entre a Audiencia Provincial.

Líbrese e únase certificación desta resolución as actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mandoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación de sentencia ós demandados rebeldes, Manuel Seco Castaño, Mª Teresa Jamardo Seco, José Jamardo Seco, Manuel Jamardo Seco e Victoria Jamardo Seco, expido o presente edicto que asino na data arriba sinalada.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9508301