Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 499

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (53/1994).

En virtude do disposto polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, nos autos de xuízo executivo nº 53/1994, promovidos por Banco Pastor S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Georgino Otero Rodríguez, entre outros, que se atopa en ignorado paradoiro, en reclamación de cantidade de 4.909.864 ptas. como principal, e a de 3.000.000 de ptas que se calculan para xuros e custas; por providencia con data 17-11-1995, por ignorarse o paradoiro do expresado demandado e sen o previo requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens:

1.-Vehículo, matrícula C-3441-AJ

2.-Rústica: nº 765 do plano de concentración parcelaria de San Xulián de Laíño, concello de Dodro. Labrantío e monte, no lugar de Eira de Riba, de 39 áreas e 70 centiáreas. Linda: norte e oeste, camiño; sur, zona excluída, María Ares Morales e outros (764) e construcción; e leste, zona excluída. Este predio está cruzado por unha conducción subterránea de auga para usos domésticos. Está inscrito no tomo 552, libro 51 de Dodro, folio 76, predio 5228, a nome de Manuel Otero Rodríguez e esposa, os que, por escritura de doazón outorgada ante o notario de Padrón Álvaro Moure Goyanes o 7 de agosto de 1986, o transmitiron ó seu fillo Georgino Otero Rodríguez, quen sobre ela construíu unha casa vivenda que, segundo a escritura de declaración de obra nova, outorgada ante o notario de Padrón Manuel Remuiñán López o 4 de xuño de 1990, se describe así: casa destinada a vivenda unifamiliar, de planta de soto que está actualmente destinada a garaxe e rocho, e ocupa unha superficie de 140 m; e a

planta alta está destinada a vivenda e ocupa unha superficie de 140 m. Ten como anexo un terreo que a rodea destinado a labrandío e monte, no lugar de Eira da Riba.

Acórdase así mesmo, verifica-la citación de remate por medio do presente edicto, na forma previda polo Art. 269 da Lei de axuizamento civil; e concédeselle ó mencionado demandado o termo de nove días para que compareza nos referidos autos e se opoña á execución, se lle conviñese, e signifícolle que están á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón, 17 de novembro de 1995.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

8302