Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (213/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo executivo que, co número 213/1995, se seguen neste xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, a pedimento de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Pilar Sueiro García, en reclamación de 242.829 de principal, máis 200.000 que se calculan para xuros, gastos e custas; pola presente cédula fáiselle saber á debedora Pilar Sueiro García, que se atopa en ignorado paradoiro, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuízamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro e, ó propio tempo, cítase de remate e concédeselle o termo de nove días para que compareza en autos e se opoña á execución, se lle conviñese; e prevéñoa de que, de non verificalo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, e recaerá sobre ela o conseguinte

prexuízo.

Bens embargados:

-Parte legal da pensión e demais emolumentos que percibe do INSS.

-Piso terceiro dereita situado na Ronda de Outeiro núm. 285 da Coruña. Inscrito no Rexistro da Pro

piedade número 2 da Coruña, libro 307, folio 172, predio número 25.123.

E para que conste e lle sirva de notificación e citación en forma á debedora Pilar Sueiro García, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Castiñeiras Fermández

Secretario

9508016