Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (119/1994).

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo co número 119/1994, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Constantino Vázquez Muinelo e Edelmira Balado Sixto, en reclamación de 2.134.048 pesetas de principal, máis 650.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, nas actuacións do cal e por resolución do día de hoxe, se acordou sacar en pública poxa, por primeira vez o día vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e seis, ás 9.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado e polo prazo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1ª Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1590/17/119/1994, presentando o resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, sen este requisito non serán admitidos.

2ª Non se admitiránn proposicións que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3ª Desde a publicación da poxa ata a súa celebración, poderán facerse proposicións por escrito en prego pechado, acreditándose que se efectuou o depósito previo do 20 por 100 antes indicado.

4ª Só o executante poderá facer proposición en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

5ª As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.

6ª Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa, encóntranse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados polos que desexen tomar parte na poxa, previndo os licitadores de que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

7ª No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración

á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o vinte de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás 9.30 horas, no mesmo lugar, con rebaixa do 25 por 100 do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houber licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis, ás 9.30 horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo, debendo os que desexen tomar parte nela face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, e persistindo as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación ós demandados Constantino Vázquez Muinelo e Edelmira Balado Sixto, en caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa:

1. Casa de planta baixa e piso con terreo e alpendres anexos, dunha superficie de 5 áreas e 1 centiárea, situada na Rúa Virxe de Fátima, nº 42, antigo nº 81 desta cidade. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº un de Santiago de Compostela, no folio 193, libro 153, tomo 1127, predio 17373.

Taxada pericialmente na cantidade de vinte millóns cento sesenta e dúas mil oitocentas trinta e cinco pesetas (20.162.835 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela, vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

9508337