Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (174/1990).

Neste xulgado séguense autos de xuízo executivo co número 174/1990, por instancia de Ángel Lata Raviña, representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Manuel García López, en reclamación de 385.677 pesetas de principal, máis 200.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, nas actuacións do cal, e por resolución do día da data, se acordou sacar en pública poxa, por primeira vez o día seis de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás 9.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, e por termo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1ª Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A.,

oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1590/17/00000/1991, presentando o resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

2ª Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3ª Desde a publicación da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acreditando ter ingreso o depósito previo do 20 por 100 antes indicado.

4ª Só o executante poderá facer oferta coa condición de cede-lo remate a un terceiro.

5ª As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, e enténdese que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigacións que delas se deriven.

6ª Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa atópanse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados polos que desexen tomar parte na poxa, e advírteselles ós licitadores que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningúns outros.

7ª No caso de que houbese de suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o tres de abril de mil novecentos noventa e seis, ás 9.30 horas, no mesmo lugar, con rebaixa do 25 por 100 do tipo de taxación, e subsistirán as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día un de maio de mil novecentos noventa e seis, ás 9.30 horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo, e os que desexen tomar parte nela deberán face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda; persisitirán as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación ó demandado Manuel García López, no caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa:

1. Rústica sita en Quintas, concello de Trazo, dunha extensión de vintecinco áreas e trinta centiáreas, sinalada co número 454 do plano de concentración parcelaria de Santa María de Chaián (A Coruña).

2. Rústica sita en Sobre da Ponte, no concello de Trazo, dunha extensión de trece áreas e sesenta centiáreas, sinalada co número 1239 doi plano de concentración parcelaria de Santa María de Chaián

(A Coruña).

Taxacións periciais:

1. Cincocentas quince mil pesetas (515.000 ptas.).

2. Duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela, vintenove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

8357