Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (106/1993).

Neste xulgado séguense autos de verbal civil 106/1993, por instancia de Jesús José Garabal Míguez, representado pola procuradora María Soledad Sánchez Silva contra Serafín García Arias e Nacional Suiza Orion, sobre reclamación de cantidades, téndose dictada sentencia firme pola que se condena o dito demandado ó pagamento de 140.145 ptas. por danos; nas súas actuacións e por providencia do día da data acordouse o embargo de bens propiedade de Serafín García Arias, sen previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro, declarándose embargado a resultas deste procedemento o vehículo C-0760-J.

E para que lle sirva de notificación do embargo trabado ó referido demandado, do que se ignora o seu domicilio, libro e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

8367