María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.
Fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 310/1992, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Caixa de Aforros de Galicia e demandado José Hortas Román, sendo a contía do asunto a de 1.165.671 ptas. de principal, máis 750.000 ptas. calculadas para xuros, gastos e custas, por auto desta data acordouse a mellora de embargo sobre bens do demandado notificándolle o embargo dos seguintes bens:
-Predio inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, no folio 83, do libro 150, tomo 1108, predio nº 4949. Rocho sinalado co nº 5 Dta. do local nº 31, planta faiado.
Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.
E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado José Hortas Román, expido este edicto en Santiago de Compostela 29 de novembro de 1995.
A secretaria
Rubricado
8385