Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (318/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado e co Núm. 318/1995 se tramitan autos de xuízo executivo, seguidos por instancia do Banco de Asturias, S.A. fronte a hotel residencia La Rosaleda, S.L., Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e Mari-Nely Costela Marrozo, sobre reclamación de 869.762 pesetas, autos nos que se acordou citar de remate ó citados demandados para que, se lle convén, compareza nos autos e se opoña á execución despachada contra eles, dentro do termo de nove días hábiles, contados desde o seguinte ó desta publicación, apercibíndoo de que, se non o fai, será declarado en situación legal de rebeldía procesual, continuándose o xuízo na súa ausencia, sen lles facer outras notificacións nin citacións cás determinadas por lei. Faise constar expresamente que por descoñecerse o paradoiro do demandado se practicou embargo sobre bens da súa propiedade sen requirimento previo de pagamento.

Para que sirva de citación de remate ó demandado Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, expido e asino este edicto, en Santiago de Compostela o sete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

El magistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

8544