Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos que se citan contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a

Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento da PO-223. Treito: Pontevedra-Campolameiro.

Adxudicatario: CIISA.

Orzamento: 11.016.425 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións de ancheamento e mellora das estradas AC-102 e AC-104. Treito: Esteiro-Felgosas.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 10.242.568 ptas.

Asistencia técnica para control e vixilancia da obra de alargamento e mellora da AC-440. Berdoias-Muxía. N/AC/91.13 e N/AC/87.1.6. Travesías de Cee a Corcubión.

Adxudicatario: Corcontrol, S.A.

Orzamento: 11.545.666 ptas.

Asistencia técnica para control e vixilancia da obra de acondicionamento da PO-340. Treito: Couso-Tui (II).

Adxudicatario: Topogray, S.L.

Orzamento: 7.527.045 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada C-531. Treito: Celanova-Ramirás.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 9.897.468 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada PO-262. Treito: Vilasobroso-Mondariz.

Adxudicatario: CEINSA, S.L.

Orzamento: 5.680.346 ptas.

Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da AC-450. Treito: Bertamiráns-Negreira.

Adxudicatario: Topgalicia, S.L.

Orzamento: 2.390.263 ptas.

Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada LU-153. Treito: Lourenzá-Masma.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 1.049.104 ptas.

Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada AC-403. Treito: A Pereira-Pino do Val.

Adxudicatario: Digicar, S.L.

Orzamento: 2.070.000 ptas.

Asistencia técnica para o apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada AC-403. Treito: Santa Comba-A Pereira.

Adxudicatario: Geotop, S.A.

Orzamento: 1.555.000 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da AC-441. Treito: Baíñas-Brandomil.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 3.200.000 ptas.

Asistencia técnica a redacción do proxecto de acondicionamento das estradas LU-644 e LU-643. Treito: Rubián- A Cruz do Incio.

Adxudicatario: Asting, S.L.

Orzamento: 10.444.452 ptas.

Asistencia técnica a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-221. Treito: Palas de Rei-Monterroso.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 9.700.000 ptas.

Asistencia técnica a redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-212. Treito: Monterroso-Taboada.

Adxudicatario: CIESA.

Orzamento: 10.168.323 ptas.

Asistencia técnica para a conservación e mantemento da autoestrada A Coruña-Carballo.

Adxudicatario: Servinor, S.A.

Orzamento: 15.528.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-0074