Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (343/1994).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de divorcio número 343/1994, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Javier Miguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 343/1994, por instancia de José González Caamaño,

maior de idade, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Salvadas nº 13-2 Dta., representado polo procurador García Piccoli Atanes, e coa asistencia técnica do letrado Seijo Gamallo, contra María Isabel Vecín Álvarez, maior de idade, veciña de Santa Posa (Mallorca), con domicilio no edificio Madrugada, bloque U, apartado 117, en situación procesual de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido, que debo estimar e estimo a demanda de divorcio interposta polo procurador García Piccoli Atanes en nome e representación de José González Caamaño contra María Isabel Vecín Álvarez, declarada en rebeldía procesual e o Ministerio Fiscal, decretando o divorcio do matrimonio, cos demais efectos legais inherentes ó dito pronunciamento, así como os acordados como medidas no auto de data 30 de xuño de 1992, se ben co incremento da contía a que vén obrigada a nai á cantidade de 75.000 pesetas mensuais, incrementándose esta de conformidade á proporción en que o fagan os seus ingresos.

Non se fai condena en canto ás custas.

Advírtase ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se pode interpor por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación perante a audiencia provincial.

Unha vez firme a presente resolución, remítase de oficio ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes co fin da súa anotación marxinal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, María Isabel Vecín Álvarez, domiciliada en edificio madrugada, bloque U, apartado 117, Mallorca, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-08270