En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 484/1995, que se segue neste xulgado, a pedimento de Galuresa, representada pola procuradora Losada Gómez, contra Ángel Pérez Ballesta, por medio da presente cédula emprázase o referido demandado, do que se descoñece o domicilio actual co fin de que, no prazo de dez días, compareza en autos, coa prevención de que, de non facelo, será declarado en rebeldía, darase por contestada a demanda e se lle notificará a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.
E para que lle sirva de emprazamento ó demandado Ángel Pérez Ballesta, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado
95-08321