Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (188/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas nº 188/1995, a pedimento de Francisco Javier Marxuach García, contra Natalie Brigite Hovillon y Miriam Delaitre, e nas súas actuacións dictouse sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción

número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 188/1995, sobre furto, no que foron partes, como denunciante, Francisco Javier Marxuach García e como denunciadas, Natalie Brigite Hovillon e Myriam Delaitre, das que as súas circunstancias persoais constan en autos, e o Ministerio Fiscal, pronunciou esta sentencia.

Decisión, que debo absolver e absolvo libremente a Natalie Brigite Hovillon e a Miriam Delaitre da falta da que viñan sendo inculpadas neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito presentado ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación a Natalie Brigite Hovillon e Miriam Delaitre, expido e asino en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-08271