Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (218/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 218/1995, a pedimento de María Natividad Sánchez Agustiño Mariño, contra Javier Sánchez Agustiño Mariño, e nas súas actuacións dictouse sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de de Primeria Instancia e Instrucción número dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 218/1995, sobre lesións, no que foron partes, como denunciante, María Natividad Sánchez Agustiño Mariño e como denunciado, Javier Sánchez Agustiño Mariño, do que as súas circunstancias persoais constan en autos, e o Ministerio Fiscal, pronunciou esta sentencia.

Decisión, que debo absolver e absolvo libremente a Javier Sánchez Agustiño Mariño, da falta pola que foi denunciado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados

desde a súa notificación, na forma e cos reqisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuízamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da cal se levará testemuño literal ós autos da súa razón, e da que quedará o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a María Natividad Sánchez Agustiño Mariño, expido e asino en Santiago de Compostela o cinco de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-08314