Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (40/1995-C).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, en xuízo de faltas número 40/1995-C, seguidos neste xulgado por insultos e coaccións, acordouse cita-los denunciados José Antonio Armesto, con domicilio na r/ Rosal, nº 10 (Lugo) e Javier Dorado Barreiro, con domicilio na Avda. da Coruña, nº 459-3º D (Lugo), co fin de que comparezan ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día dous de febreiro, ás once trinta horas, para asistiren á celebración do correspondente xuízo en calidade de denunciados.

E para que lles sirva de cédula de citación ós denunciados, expido o presente edicto, que asino en Santiago de Compostela cinco de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

95-0016