Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/170-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Beira-Canedo.

Situación: Carral.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón, con conductor LA-56, de 281 m de lonxitude, con orixe en a liña Carral-Mesón do Vento (Expte. 27062) e final en C.T. que se vai instalar en Beira-Canedo.

-Centro de transformación aéreo de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Beira-Canedo en rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 187 m de lonxitude. Concello de Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0019