Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. para o período de 1 de xaneiro ó 31 de decembro 1995, ámbolos dous inclusive.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A., para o período 1-1-1995 ó 31-12-1995, inclusive, acordado o 29 de setembro de 1995 e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 do Real decreto lexislatio 1/1995, do 24 de marzo, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio Gonzacoca 1995

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación ós centros de traballo da empresa Eduardo González Alonso y CIA, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. e, por extensión, en calquera lugar en que o persoal das empresas realice servicios por conta delas.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do cadro de persoal das empresas e dos centros de traballo aludidos no artigo anterior no momento da sinatura, e a todo aquel que con posterioridade se incorpore a elas.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995 sen prexuízo da súa publicación no BOP, tendo unha duración dun ano, expirando o 31 de decembro de 1995; prorrogarase automaticamente por anualidades se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, do termo da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.bis.-Revisión salarial.

Efectuarase revisión salarial a tódolos conceptos salariais, excepto a antigüidade, sempre e cando o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística supere o 4% ó 31-12-1995. A revisión dos salarios aplicarase polo exceso que supoña a citada porcentaxe e con efectos a partir do día primeiro do mes en que se produza ata o 31-12-1995.

Artigo 4º.-Compensación e absorción de melloras.

As melloras que se establecen no presente convenio compensarán ou absorverán no que acaden melloras que voluntariamente tivese establecidas a empresa en cómputo anual, ou as que no futuro puidesen establecerse por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 5º.-Aplicación do convenio.

Para a interpretación e mellor cumprimento das cláusulas deste convenio e para resolver tódalas posibles dúbidas que se poidan derivar da súa aplicación, establecerase unha comisión paritaria composta por cinco membros da dirección da empresa e catro membros do comité de Eduardo González Alonso y CIA, S.A. e un de Gonzacoca Distribución, S.A. En caso de non lograr acordo no seo da comisión no prazo de 10 días, pediráselle consulta á autoridade laboral competente.

Artigo 6º.-Competencia.

A organización práctica do traballo, con suxeición á lexislación laboral vixente, é facultade exclusiva da empresa.

Sen merma da autoridade que lle corresponda á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os membros do comité de empresa terán funcións de asesoramento, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo.

En todo o non previsto neste artigo haberá que aterse ó referenciado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Mobilidade xeográfica.

Haberá que aterse ó que establece o artigo 40 do Estatuto do traballador.

Artigo 8º.-Clasificación do persoal segundo a función.

O persoal que presta servicios nos centros de traballo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. clasificaranse de acordo coas normas usualmente seguidas, e tendo en conta o xénero de traballo e as esixencias de idade e proceso formativo profesional que os ocupe, nos seguintes tipos:

Persoal técnico ou titulado e mandos.

Persoal mercantil-especialistas.

Persoal administrativo.

Persoal non cualificado.

Artigo 9º.-Niveis de clasificación por categorías.

Segue en vixencia a actual distribución do persoal, por categorías e niveis profesinais.

A súa clasificación determínase no cadro número 1.

Artigo 10º.-Liquidación mensual.

A totalidade das retribucións do conxunto do persoal, sen distinción de empregos, categorías e niveis serán obxecto da correspondente liquidación por períodos mensuais, sendo realizado o seu aboamento a través de entidades bancarias. O día de cobramento será o último día laborable de cada mes.

Artigo 11º.-Xornadas e soldos básicos.

Entenderase como soldo básico a suma dos actuais conceptos:

Soldo + complemento + incentivo.

A súa contía determínase no cadro Núm. 2.

Artigo 12º.-Complementos salariais.

Son complementos salariais en aplicación do Decreto 2380/1973, os seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Axuda por locomoción.

-Plus transporte.

-Incentivo ou prima de producción.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Para efectos de antigüidade, establécese por cuadrienios, sendo estes ilimitados, e compútanse desde o ingreso ou alta no cadro de persoal da empresa.

O valor do cuadrienio será para tódalas categorías profesionais de 1.150 ptas. cada cuadrienio.

Artigo 14º.-Axuda para locomoción.

A empresa aboaralles ós traballadores unha axuda de locomoción de 7.300 ptas. cada un dos doce meses do ano.

Artigo 15º.-Plus por transporte.

O persoal que viñese percibindo este concepto no ano 1987 continuará a percibir durante a vixen

cia do presente convenio nos doce meses do ano por importe de 2.090 ptas. mes.

Artigo 16º.-Incentivo posto traballo-prima producción.

A empresa, seguindo os principios xerais de organización do traballo, establece para o persoal uns incentivos con suficiente aliciente para a súa obtención e que os compense do esforzo realizado.

Artigo 17º.-Locomocións.

Aquel persoal que efectúe desprazamentos por vehículos da súa propiedade por servicios da empresa percibirá unha compensación económica de 26 ptas. por quilómetro percorrido. A revisión deste valor realizarase segundo os aumentos nos custos xerais.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

Para tódolos traballadores de Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. a xornada será de 1.792 horas de traballo efectivo para o ano de 1995, distribuídas na forma establecida no calendario confeccionado conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

Todo o persoal que ata a data viñese realizando unha xornada de luns a venres de oito horas diarias, só poderá ser modificada durante a vixencia do presente convenio logo de negociación da comisión paritaria.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio realizarase o menor número de horas extras posibles, as cales serán apreciadas pola dirección, oído o comité de empresa, logo da aceptación dos traballadores, agás aquelas consideradas de forza maior segundo o estipulado no Estatuto dos traballadores.

Artigo 20º.-Valor de hora extraordinaria.

Durante a vixencia do presente convenio, o valor das horas extraordinarias nas distintas categorías-niveis é o reflectido no cadro número 5.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias dunha mensualidade cada unha delas, que se percibirán nos seguintes meses: febreiro, xullo, outubro, e decembro.

Serán aboadas dentro da primeira quincena dos meses respectivos, conforme o salario que por tódolos conceptos perciba o traballador, con excepción da axuda por locomoción e plus de transporte.

Os traballadores da empresa que estean a cumpri-las súas obrigas de servicio militar terán dereito a percibir integramente as pagas regulamentarias de xullo e decembro, así como a proporción que lle corresponda das de febreiro e outubro.

Artigo 22º.-Vacacións anuais.

As vacacións anuais serán de 22 días laborables.

O desfrute delas será de común acordo entre a empresa e os traballadores, planificándoas e tal forma que se procurará que se desfruten os meses de maio e setembro, ambos incluídos, e con carácter rotativo. O tempo mínimo de desfrute será de cinco días continuados e a excepción desta norma requirirá a autorización dos responsables dos traballadores.

Aqueles traballadores que, por razóns de servicio, non poidan desfruta-las vacacións nos meses antes indicados percibirán unha indemnización económica de acordo co seguinte:

Meses de outubro a abril25.000 ptas.

Nota. Esta cifra aplicaráselles a aqueles que correspondan os 22 días completos, ou na proporción a estes días.

O calendario de vacacións establecerase durante o primeiro trimestre do ano e será exposto no taboleiros de anuncios, debendo ser informado o traballador cun mínimo de dous meses ó comezo do período que lle corresponde.

Artigo 23º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, nos seguintes supostos:

A) 16 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

B) 3 días laborais no caso de nacemento de fillos.

C) 5 días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, paisou fillos.

D) 5 días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, pais políticos.

E) 2 días naturais no suposto de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos.

Deberá presentarse xusitificante médico que acredite a gravidade.

F) 1 día natural en caso de falecemento de tíos, sobriños, fillos políticos e irmáns políticos.

G) 1 día natural por traslado de domicilio habitual.

H) O tempo indispensable necesario para asistir a consulta médica, sempre que se xustifique debidamente.

Nota: no referido ó cónxuxe, terá o mesmo tratamento a persoa que conviva co traballador, tendo que certificar necesariamente tal convivencia.

Artigo 24º.-Cesamentos.

O persoal que pola súa vontade desexe cesar na empresa deberá comunicarllo con 15 días de antelación á data do cesamento, en caso contario incorrerá na penalización que prescribe a lexislación vixente.

Artigo 25º.-Vacantes.

As vacantes serán comunicadas pola dirección da empresa no taboleiro de anuncios cun mínimo de 5 días con antelación á data de cerramento de recepción de solicitudes. As persoas interesadas nas ditas vacantes deberán solicitalo por mediación da oficina de persoal.

En igualdade de condicións daráselles preferencia ós traballadores da empresa, ós fillos ou familiares destes en orde de parentesco.

As probas que se efectúen estarán de acordo coa descrición do posto que se vaia cubrir e serán realizadas por unha empresa especializada informando do seu resultado ó comité de empresa.

Os postos dos niveis 00 ó 11; 25 ó 30; 41 ó 43; 79 ó 81, son de libre designación pola dirección.

Os fillos dos traballadores poderán optar a postos que por necesidades da empresa se produzan por interinidade.

Artigo 26º.-Excedencias.

A empresa garantirá o reingreso do traballador en excedencia por un prazo máximo de 3 anos concertando un contrato de substitución para o efecto. Haberá que aterse ó disposto no artigo 46 do Estatuto do traballador e no artigo 9 da LOLS.

O reingreso garantirase sempre que aquela non sexa para realizar actividades noutra empresa.

No suposto de solicitar excedencia por enfermidade grave do cónxuxe ou fillos garántese o seu reintegro sen a perda de antigüidade sempre que o prazo non exceda de 1 ano.

Artigo 27º.-Xubilación.

A empresa e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co establecido no R.D. 1194/1985 do 17-7-1985 (BOE 20-7-1985); a empresa deberá substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado R.D. A idade tope de permanencia en alta na empresa será de 65 anos, pasando o traballador ó cumprir esta idade a xubilación.

As indemnizacións mínimas por xubilacións anticipadas, dependendo da idade do traballador, quedan como segue:

Ós 60 anos12 mensualidades.

Ós 61 anos10 mensualidades.

Ós 62 anos8 mensualidades.

Ós 63 anos6 mensualidades.

Ós 64 anos5 mensualidades.

Nota: os meses que se indemnicen serán motivo de rateo en función da idade real que teña o traballador no momento en que formule a solicitude.

Artigo 28º.-Ascensos-revisión de categorías.

Os cambios de categoría dos traballadores seranlle propostos á dirección da empresa a través dos mandos intermedios ou polo comité de empresa.

Artigo 29º.-Promoción e formación profesional.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 22 do Estatuto dos traballadores.

A dirección da empresa poderá solicitarlles ós traballadores os xustificantes oportunos de asistencia expedidos polos centros escolares.

Artigo 30º.-Seguridade e hixiene.

Considérase que a seguridade no traballo é un dos obxectivos prioritarios da empresa. En consecuencia, potenciarase todo o posible o funcionamento dos sistemas que tenden a diminuí-los riscos.

O comité de seguridade e hixiene no traballo constituirase segundo o estipulado na ordenanza xeral de seguridade e hixiene e terá as competencias que se sinalan na lexislación vixente.

A empresa solicitará dos organismos competentes o cumprimento do recoñecemento médico anual para todo o persoal que o solicite mediante acordo establecido a través do comité de seguridade e hixiene.

Anualmente a empresa entregará como mínimo a seguinte roupa de traballo:

Persoal obreiro: 2 fundas (xaneiro).

Persoal empregado: 2 fundas e peza similar cando o traballo así o esixa (xaneiro).

O uso da roupa de traballo facilitada pola empresa é obrigatorio durante toda a xornada por todo o persoal ó que se lle asignase.

Artigo 31º.-Seguro de vida.

Establécese un seguro colectivo de vida coa Compañía de Seguros G.E.S. para tódolos traballadores en alta na empresa na data de entrada en vigor deste convenio, ou ós que no sucesivo se incorporen a ela, quedando amparados por el ata a idade de 65 anos, en que causará baixa. Os capitais asegurados serán os seguintes:

Capital aseguradoIndemnización

Morte natural 1.000.000 ptas.1.000.000 ptas.

Morte por accidente 1.000.000 ptas.2.000.000 ptas.

Morte por accidente de tráfico3.000.000 ptas.1.000.000 ptas.

Invalidez abosoluta permanente1.000.000 ptas.1.000.000 ptas.

O custo que corresponda satisfacer por este seguro será sufragado nun 75% con cargo á empresa, e o 25% restante será por conta dos traballadores a partes iguais, sendo deducido este importe das nóminas.

Artigo 32º.-Axuda por defunción.

Ó falecemento dun traballador das empresas Eduardo González Alonso y Cía, S.A., e Gonzacoca Distribución, S.A., os familiares percibirán o importe de tres mensualidades brutas iguais á última que o traballador percibise, ademais dos emolumentos

que ó traballador lle correspondesen polo traballo realizado ata o seu falecemento.

Os gastos ocasionados por esquela do traballador falecido serán sufragados ó 50% pola dirección da empresa e agrupación dos traballadores de Gonzacoca.

Os gastos por coroas (a familiares directos: esposa, fillos, pais) serán custeados ó 50% pola empresa e a agrupación de traballadores de Gonzacoca.

Artigo 33º.-Axuda escolar.

Créase un fondo destinado a axudas por estudios daqueles traballadores que desexen amplialos e sempre que estean en relación directa coa a actividade da empresa; os traballadores interesados deberán face-la solicitude entre os meses de setembro e outubro, dirixida ó departamento de persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas e emitirá informe sobre elas.

A contía desta axuda para a vixencia do presente convenio será de 300.000 ptas.

O traballador que o solicite aportará un mínimo dun 30% segundo solicitudes.

A decisión da comisión paritaria será inapelable.

Artigo 34º.-Plus de nocturnidade.

Este plus consistirá no 25% sobre tódolos conceptos salariais e na P/P dos días e horas traballados na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 35º.-Venda de recambios e artigos de servicio.

Á venda de recambios e a todos aqueles artigos que os traballadores adquiran para uso persoal aplicaráselle-la seguinte tarifa:

-Compras a créditotarifa maior.

-Compras ó contado10% Dto. s/tarifa maior.

-Facturación man de obra20% Dto. s/tarifa clientes.

Estas compras, de non seren satisfeitas ó contado, serán deducidas da nómina posterior ós 60 días da data da factura.

Todo caso de mala fe, abuso ou comercio indebido por parte dos traballadores comportará a perda total deste beneficio para o traballador que a infrinxa.

Ó persoal que adquira para o seu servicio automóbiles, tractores, embarcacións, motores, etc. seralle deducido un 50% da comisión que aporte a venda do dito artigo á empresa.

En vehículos usados, a venda será realizada polo mesmo importe que foi aboado, máis os gastos de reparación ou revisión.

Na venda aprazada cargaranse unicamente os gastos bancarios.

Os vendedores ou similares con contrato fixo que adquiran vehículos comercializados pola empresa quedarán exentos dos gastos financeiros ata unha contía máxima do importe aprazado de 750.000 ptas. con amortización en 3 anos.

Artigo 36º.-Percepción de salarios durante a ILT (baixa).

Durante o tempo de permanencia en situación de incapacidad laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, todo traballador quedará amparado polas percepcións que se establecen para a súa categoría-nivel.

Artigo 37º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores, ou posterior disposición que o modifique.

Artigo 38º.-Disposicións derradeiras.

En todo o non expresamente previsto no presente convenio, aceptarase o disposto na ordenanza laboral do comercio e Estatuto dos traballadores.

Artigo 39º.-Categorías por claves. Cadro número 1.

As distintas claves por categorías quedan como segue:

ClaveCategoría

Mandos e técnicos
00Conselleiro delegado
01Director xeral
02Subdirector xeral
03
04
05Director división
06Xefe explotación «C»
07Xefe explotación «B»
08Xefe explotación «A»
09Xefe Secc. mercantil
10Encargado Xeral. obras
11Encargado establecemento

Mercantís (especialistas)
12Dependente maior
13Dependente 25 anos «C»
14Dependente 25 anos «B»
15Dependente 25 anos «A»
16Dependente 22 a 25 anos
17Axudante de dependente
18Aprendiz 17 a 18 anos
19Aprendiz 16 a 17 anos
20
21

Administrativos
25Director de división
26Xefe sección Admtvo. «C»
27Xefe sección Admtvo. «B»
28Xefe sección Admtvo. «A»
29Secretaria

ClaveCategoría

30Contable
31
32Oficial Admtvo. «C»
33Oficial Admtvo. «B»
34Oficial Admtvo. «A»
35Auxiliar Admtvo. «C»
36Auxiliar Admtvo. «B»
37Auxiliar Admtvo. «A»
38Aspirante 17 a 18 anos
39Aspirante 16 a 17 anos
40

Mecánicos (especialistas)
41Xefe taller «C»
42Xefe taller «B»
43Xefe taller «A»
44Prof. oficio primeira «C»
45Prof. oficio primeira «B»
46Prof. oficio primeira «A»
47Prof. segunda
48Axudante mecánico
49Aprendiz 17 a 18 anos
50Aprendiz 16 a 17 anos

Profesionais (especialistas)
51
52
53Prof. oficio primeira «C/F»
54Prof. oficio primeira «B/P»
55Prof. oficio primeira «A/P»
56Prof. oficio segunda
57Axudante oficio
58
59
60

Conductores (especialistas)
61
62
63Prof. oficio primeira «C/C»
64Prof. oficio primeira «B/C»
65Prof. oficio primeira «A/C»
66Prof. oficio segunda
67
68Axudante conductor
69
70
71
72

Servicio-varios (non Cualif.)
75Mozo especializado
76Mozo
77
78
79Sereno
80
81Ordenanza
82
83

ClaveCategoría

Vendedores (especialistas)
84
85Viaxante «C» automoción
86Viaxante «B» automoción
87Viaxante «A» automoción
88Viaxante «C» repostos
89Viaxante «B» repostos
90Viaxante «A» repostos
91Viaxante «C» metais
92Viaxante «B» metais
93Viaxante «A» metais
94
95
96
97
98
99

Artigo 40º.-Retribucións directas. Cadro número 2.

Texto:TotalSalarioSalario
claveSold. mesCompto.mínimomínimomáximo
Categ.

00156.00074.000230.000230.000300.000
01145.00075.000220.000220.000280.000
02140.00060.000200.000200.000260.000
03
04
05135.00055.000190.000190.000250.000
06125.00050.000175.000175.000230.000
07125.00025.000150.000150.000175.000
08125.0000125.000125.000150.000
09105.00020.000125.000125.000140.000
10105.00020.000125.000125.000140.000
11105.00020.000125.000125.000140.000
12100.00020.000120.000120.000135.000
1383.00022.000105.000105.000120.000
1483.00010.00093.00093.000105.000
1583.000083.00083.00093.000
1678.000078.00078.00083.000
1773.000073.00073.00078.000
1852.000052.00052.00062.000
1942.000042.00042.00052.000
25135.00055.000190.000190.000250.000
26125.00050.000175.000175.000230.000
27125.00025.000150.000150.000175.000
28125.00015.000140.000140.000150.000
2993.00012.000105.000105.000115.000
3093.00022.000115.000115.000140.000
31
3293.00022.000115.000115.000140.000
3393.00010.000103.000103.000115.000
3493.0005.00098.00098.000103.000
3578.00010.00088.00088.00098.000
3678.0005.00083.00083.00088.000
3778.000078.00078.00083.000
3852.000052.00052.00062.000
3942.000042.00042.00052.000
41105.00050.000155.000155.000190.000
42105.00020.000125.000125.000155.000
43105.00010.000115.000115.000125.000
4493.00032.000125.000125.000155.000
4593.00017.000110.000110.000125.000
4693.000093.00093.000110.000
4783.000083.00083.00093.000
4873.000073.00073.00083.000
4952.000052.00052.00062.000
5042.000042.00042.00052.000
51
52

Texto:TotalSalarioSalario
claveSold. mesCompto.mínimomínimomáximo
Categ.

5393.00022.000115.000115.000135.000
5493.00010.000103.000103.000115.000
5593.000093.00093.000103.000
5683.000083.00083.00093.000
5773.000073.00073.00083.000
58
59
60
61
62
6393.00022.000115.000115.000135.000
6493.00010.000103.000103.000115.000
6593.000093.00093.000103.000
6683.000083.00083.00093.000
67
6873.000073.00073.00083.000
69
70
71
72
73
74
7583.00010.00093.00093.000105.000
7678.000078.00078.00093.000
78
7983.00017.000100.000100.000115.000
80
8183.00017.000100.000100.000115.000
82
83
84
8588.00032.000120.000120.000155.000
8688.00017.000105.000105.000120.000
8788.000088.00088.000105.000
8888.00032.000120.000120.000155.000
8988.00017.000105.000105.000120.000
9088.000088.00088.000105.000
9188.00032.000120.000120.000155.000
9288.00017.000105.000105.000120.000
9388.000088.00088.000105.000

Artigo 41º.-Incentivo ou prima. Cadro número 3.

Os incentivos mínimo e máximo quedan como segue por categoría-clave:

ClaveMínimoMáximo

00070.000
01060.000
02060.000
0300
0400
05060.000
06055.000
07025.000
08025.000
09015.000
10015.000
11015.000
12015.000
13015.000
14012.000
15010.000
1605.000
1705.000
18010.000

ClaveMínimoMáximo

19010.000
2000
2100
2200
2300
2400
25060.000
26055.000
27025.000
28010.000
29010.000
30025.000
3100
32025.000
33012.000
3405.000
35010.000
3605.000
3705.000
38010.000
39010.000
4000
41035.000
42030.000
43010.000
44030.000
45015.000
46017.000
47010.000
48010.000
49010.000
50010.000
5100
5200
53020.000
54012.000
55010.000
56010.000
57010.000
5800
5900
6000
6100
6200
63020.000
64012.000
65010.000
66010.000
6700
68010.000
6900
7000
7100
7200
7300
7400
75012.000
76015.000
7700
7800
79015.000
8000

ClaveMínimoMáximo

81015.000
8200
8300
8400
85035.000
86015.000
87017.000
88035.000
89015.000
90017.000
91035.000
92015.000
93017.000
9400
9500
9600
9700
9800
9900

Artigo 42º.-Cadro número 4. Calendario laboral.

O calendario para 1995 figura detallado en folla aparte.

Artigo 43º.-Valor hora extra. Cadro número 5.

Os valores de horas extras serán os seguintes por categoría-clave:

ClaveValor

00
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12905
13870
14865
15860
16810
17785
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27990
28910
29895
30910
31

ClaveValor

32910
33895
34870
35835
36795
37785
38
39
40
411.330
421.330
431.330
441.215
451.215
461.215
471.105
48990
49
50
51
52
53905
54865
55865
56830
57790
58
59
60
61
62
63905
64865
65865
66830
67
68790
69
70
71
72
73
74
75830
76785
77
78
79810
80
81785
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93

ClaveValor

94
95
96
97
98
99

Artigo 44º.-Sinaturas de representantes.

En Vigo o 29 de setembro de 1995.

Polo comité de empresaPola dirección de empresa

O presidenteO director xeral

Asdo.Asdo.

Polo comité de empresa

O representante de CIG

Asdo.

9508523