Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Copo Ibérica, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-9-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 30-6-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 28 de setembro de 1995.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A. e os traballadores.

En Mos, o venres 30 de xuño de 1995. Reunidos,

Dunha parte, Josep Poch i Riba, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalmente por Xosé Miranda Vigo (CIG), Anxel Rey Costas (CIG), Xosé González Camiña (CIG), César Gómez Meixeiro (CIG), Xosé A. Pérez Sánchez (CIG), Ramón Maceira Maquiera (CIG), Amadeo Almuster Campo (CIG), Fco Xavier Soliño Hermida (CIG), Mª Carmen Leirós Lago (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense no concepto, no que interveñen, coa capacidade legal necesaria

para negocia-lo presente convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

Texto do convenio:

Título I

Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio é para o centro de traballo da empresa Copo Ibérica, S.A., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo os que desempeñan cargos de conselleiros da empresa, e ós da alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995.

Ben entendido que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manterase en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1995.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbilidade.

Terán o caracter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puidera establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

A) Vixilancia do cumprimento do pactado.

B) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

C) Polos traballadores, a comisión estará composta por dous membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e dous representantes da empresa. Os dous representantes da empresa, serán de libre elección, sen que en ningún caso poidan exceder á representación social.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaraas a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible e, para efectos da súa práctica, serán consideradas globalmente.

Título II

Condicións laborais.

Artigo 9º.-Cómputo horario anual (anexo II).

O cómputo anual de horas a realizar en 1995, será de 1.776 horas.

Para cumprilo, poderanse utiliar como días de axuste horario os seguintes:

-5 de xaneiro (media xornada).

-22 de decembro (media xornada).

-7, 28 e 19 de decembro.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

1ª quenda: de 6 horas a 14 horas de luns a venres.

2ª quenda: de 14 horas a 22 horas de luns a venres.

3ª quenda: de 22 horas a 6 horas de luns a venres.

Quenda partida: de 8 horas a 14 horas e de 16 horas a 18 horas de luns a venres.

A quenda partida aplicarase nos departamentos técnicos e administrativos así como nos novos contratos para outras funcións (almacén, etc). Tamén, e de acordo cos interesados, poderá ser aplicado para postos de nova creación que o requiran ou en casos de ascensos a postos con este horario. A hora da pausa para a comida poderá oscilar, de acordo cos afectados, en función das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais están computados 17 minutos por parada de bocadillo, diariamente por quendas.

As 1ª e 2ª quendas serán realizadas polo persoal da empresa, mediante un sistema rotativo; a terceira quenda será realizada polo persoal eventual, por traballadores en cadro de persoal fixo desde o 1 de xaneiro de 1995 ou por traballadores en cadro de persoal fixo anteriores á dita data que decidan voluntariamente realizalo. Neste último caso, e se posteriormente o traballador solicitara voltar ás quendas diurnas, terá dereito á súa reintegración inmediata a elas.

Durante os meses de xullo a setembro, naquelas seccións con quenda partida onde a dispoñibilidade do persoal poida garanti-lo servicio da súa sección á fábrica, establecerase unha xornada continua rotativa de 7 h. da mañá a 15 h. da tarde entre os compoñentes da dita sección.

Artigo 11º.-Vacacións (anexo II).

As vacacións será de 30 días naturais, sendo o seu desfrute da seguinte forma:

Planta de moldeado:

-Do 31 de xullo ó 27 de agosto; e mais os días 26 e 27 de decembro.

Planta de bloque:

Establecense dúas quendas de desfrute de vacacións, formados polos períodos seguintes:

1ª quenda: do 17 de xullo ó 13 de agosto; e dos días 26 e 27 de decembro.

2ª quenda: do 31 de xullo ó 27 de agosto; e os días 26 e 27 de decembro.

Se antes do desfrute das vacacións, algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poríase de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días de desfrute das vacacións.

Artigo 12º.-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración de salario base, plus de asistencia e puntualidade, plus de antigüedade e plus de convenio, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

12º.1.-Matrimonio: 16 días naturais.

12º.2.-Nacemento de fillo: 2 días laborables.

12º.3.-Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 3 días laborables excepto no caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxe do traballador que lle corresponderán: 5 días naturais.

12º.4.-Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborables.

12º.5.-O mesmo que 3 e 4 con necesidade de desprazamento: 4 días laborables.

12º.6.-Falecemento de tío de consanguinidade: 1 día laborable.

12º.7.-Traslado de domicilio: 2 días naturais.

12º.8.-Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

12º.9.-Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º.10.-Por lactancia: as traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora, pola súa vontade, poderá substituir este dereito por unha reducción de xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que os dous traballen.

12º.11.-para estudios: segundo o artigo 22 da Lei 1980, o traballador terá dereito ó disfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá reducción de xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo de acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. A dita reducción non excederá de dúas horas diarias.

12º.12.-Asistencia á consulta médica: cando por razón de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. No mesmo, deberá consta-la hora de consulta; sen tal requisito non se aboará cantidade ningunha.

Poderán exercer dereito ó dito permiso aqueles traballadores que necesiten asitir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

12º.13.-Para asistencia a matrimonio de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

12º.14.-Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o braballador que teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningúnha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

12º.15.-Os traballadores poderán desfrutar de: cinco días de permiso non retribuídos por motivos persoais, para o cal deben solicitalo con 48 horas de antelación e debendo ser compatible coas necesidades da empresa.

Considérase desprazamento todo traslado a localidade distante máis de cen kilómetros do domicilio habitual do traballador.

Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados, excepto o de matrimonio, a aqueles traballadores que, estando separados ou divorciados legalmente, convivan maritalmente con outra persoa e acrediten a súa situación de convivencia por medio dun certificado expedido polo concello ou por medio do libro de familia.

Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente:

Pais: 1º grao.

Avós: 2º grao.

-Consanguinidade descendente:

Fillos: 1º grao.

Netos: 2º grao.

-Consanguinidade colateral:

Irmáns: 2º grao.

-Afinidade ascendente:

Pais políticos: 1º grao.

Avós políticos: 2º grao.

-Afinidade colateral:

Irmáns políticos: 2º grao.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

13º.1.-A organización do traballo, conforme o prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

13º.2.-De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

13º.3.-Os traslados ou cambios de posto non minguarán as condicións salariais dos traballadores afectados, excepto os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción e outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

13º.4.-Ante a implantación dun novo sistema de prima de producción, novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que este puidera emitir, co obxecto de considerar e negocia-las súas aportacións á nova implantación.

13º.5.-Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicarallas ó comite de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a formación que coide necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

13º.6.-Áreas de descanso.

Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de cantina ou servicios, evitando outras zonas por cuestións de seguridade e hixiene.

13º.7.-Cuadrante de quendas.

A principio de cada ano confeccionarase un cuadrante de quendas por traballador, que poderá ser modificado pola empresa para garanti-lo bo funcionamento do proceso productivo e en concordancia co apartado 2 do presente artigo.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en: fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo poderase celebrar calquera tipo de contrato de traballo sempre que a súa modalidade estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

Segundo acordo

Disposicón adicional.

En atención ó disposto no Art. 15.1º E.T. (texto refundido) as partes asinantes deste convenio acordan establece-la facultade empresarial de contratar traballadores para a realización de obras ou servicios determinados, de traballos suficientemente diferenciados, e con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, limitados no tempo e dos que se poida preve-la duración. A empresa dará conta ó comité do obxecto do contrato, especificando así mesmo o número de traballadores a contratar. En consecuencia a empresa comprométese a non subscribir contratos de posta a disposición con empresas de traballo temporal.

Para efectos de cubri-las necesidades da empresa, atendendo ó previsto no parágrafo anterior, confeccionarase unha lista de traballadores, por rigorosa orde de ingreso, que serán chamados por orde de antigüidade, establecéndose quendas rotativas de chamada, da tal forma que será requirido o traballador que figure na lista no posto seguinte a aquel que foi contratado en último lugar. Haberá unha lista por sección, cun máximo de 30 traballadores por lista.

Artigo 15º.-Técnicos e cadros.

15º.1.-Xornada laboral: será pactada no convenio.

15º.2.-Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos.

15º.3.-Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo isto segundo o artigo 19 do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo, participación e toma de decisións.

15º.4.-Información: potenciarase o nivel de información facilitado a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

15º.5.-Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 16º.- Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos efectuaranse de acordo co indicado polo Estatuto dos traballadores.

A empresa comunicará previamente ó comité as necesidades de vacantes a cubrir e establecer unha quenda de méritos con base nun sistema de cómputos dos mesmos de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: antigüidade na empresa, coñecemento do posto de traballo, ter desempeñado funcións de superior categoría, e nivel de aptitude demostrado nos cursos de formación ou captación que realizasen para o efecto. Estas consideracións serán valoradas conxuntamente co comité de empresa.

Os traballadores con categoría de peón axudante de transformador/a e auxiliar a limpador/a, unha vez cumprido un ano ó servicio da empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior.

Artículo 17º.-Creación de emprego fixo.

Ó longo da vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixas aquelas persoas, que estando en situación de temporais, cumpran o prazo establecido segundo a lexislación vixente.

Ademais xerarán un posto fixo aqueles postos que quedaran vacantes por falecemento ou xubilación do titular.

A adquisición do carácter de fixeza está en función da condición da posibilidade de traballar na terceira quenda.

Durante a vixencia do presente convenio crearanse 10 postos de traballo fixos.

Cando, alegando causas tecnolóxicas ou económicas, organizativas ou productivas, a empresa teña intención de recorrer contra a rescisión de contratos, calquera que sexa o número, abrirá un período de consultas cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 18º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente a ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Oirase neste expediente o comité e o servicio médico de empresa.

Artigo 19º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

19º.1.-Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación. Así mesmo fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio doutro de nova contratación.

19º.2.-A asistencia ós cursos de formación, de carácter voluntario. Tanto os mandos como ó comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

19º.3.-Estudiaranse por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

19º.4.-Tódolos cursos de formación continua que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem-Comisión Territorial de Galicia, etc) serán acordados co comité de empresa e seccións sindicais representativas no seo do comité de empresa.

Artigo 20º.-Excedencias.

Aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aquelas persoas cunha antigüidade mínima de catro anos terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente á duración dun curso lectivo e destinado á formación do solicitante.

Así mesmo sobre as excedencias por maternidade aplicarase o disposto pola Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989 (anexo IV).

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará roupa apropiada de traballo ó persoal seguinte:

21º.1.-Persoal de fábrica, talleres e almacens:

Efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ó 31 de marzo: roupa e calzado de verán.

-2ª entrega: do 1 ó 15 de xullo: roupa de inverno e calzado de verán.

-3ª entrega: do 15 ó 31 de outubro: roupa e calzado de inverno.

Coincidindo con estas entregas, ós encargados entregaránselles batas e calzado.

21º.2.-Ó persoal de mantemento facilitaráselle calzado de seguridade (botas en inverno e zapatos no verán).

21º.3.-Ó persoal de laboratorios e departamentos técnicos faciltaránselle tres batas ó ano, coincidindo coas datas sinaladas anteriormente.

Ó persoal antedito, que, por razóns de traballo o precisara, proporcionaríaselle roupa e calzado adecuados.

21º.4.-Ó persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos dos apartados 21º.1, 21º.2, 21º.3, facilitaráselle unha entrega dobre de roupa da época do ano que corresponda, e un par de tenis. A seguinte entrega sería normal.

21º.5.-Por razón do tipo de traballo habitual (traballo en exteriores) poderase facilitar, ademáis, unha prenda tipo anorak.

21º.6.-A petición individual, poderase cambia-la roupa de verán por unha funda.

21º.7.-Para determinadas seccións, poderase facilitar, en lugar de funda, un conxunto chaquetiña-pantalón.

21º.8.-Se algún dos traballadores tivese a súa roupa de traballo en malas condicións como consecuencia da actividade que desenvolve, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

21º.9.-Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses recibirá unha soa entrega. Se a baixa fora por doce meses non terá dereito a entrega ningunha.

As pezas de roupa do persoal masculino será polos, e as fundas serán 100% algodón excepto na sección de bloque, onde poderán ser tamén de tergal.

As pezas do persoal feminino será as adecuadas, segundo criterio de ámbalas dúas partes.

Ó persoal que realice traballos sucios proporcionaránselles roupas de protección adecuadas.

Tipo de calzado:

-Ó persoal masculino: tenis nas entregas de verán e deportivos con cámara de aire na de inverno.

-Ó persoal feminino: zocos ortopédicos nas entregas de verán e zapatillas adecuadas na de inverno.

21º.10.-Tódalas pezas entregadas nas distintas entregas de roupa ó persoal, terán que ser homologadas e revisadas polo comité de seguridade e hixiene.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene (anexo III).

Durante a vixencia do presente convenio colectivo seguirán en vigor as noras de seguridade e hixiene aprobadas pola dirección da empresa e a maioría do comité de empresa en decembro de 1989 e que figuran como anexo a este convenio (anexo III).

Acórdanse, ademais, as seguintes cláusulas:

22º.1.-O comité de seguridade e hixiene fará chegar á dirección da empresa, no mes de setembro de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para o seu estudio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

22º.2.-Concédese a cada un dos membros do comité de seguridade e hixiene un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto có secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de seguridade e hixiene avisará con 48 horas do anticipación ó responsable da sección afectada qué persoa tomará o dito día.

O día libre para inspección tomarano os integrantes do comité de seguridade e hixiene de un en un. Os integrantes do comité que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará á xerencia e ó comité de empresa.

22º.3.-Os integrantes do comité de seguridade e hixiene terán as mesmas garantías que os membros do comité de empresa en canto á apertura de expedientes contradictorios e despedimentos por sanción con base no exercicio da súa representación.

22º.4.-A elección dos representantes dos traballadores dentro do comité de seguridade e hixiene farase por votación libre e secreta entre todo o persoal.

A votación para a elección dos representantes dos traballadores no seo do comité de seguridade e hixiene realizarase sen que iso supoña interrupción no normal desenvolvemento do proceso productivo.

O sistema electoral será o mesmo que o das eleccións sindicais.

22º.5.-Toda traballadora que realice o seu traballo a quendas, e estea en situación xestante, realizará o seu traballo na quenda que elixa ela, sempre e cando non altere o equilibrio entre tódolas quendas, sendo, en última instancia, a comisión paritaria quen decida ó respecto.

Título III

Aspectos sociais.

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores da empresa para cubri-las seguintes indemnizacións e polas seguintes causas:

-Morte: 2.147.600

-Invalidez permanente absoluta: 2.147.600

-Morte por accidente: 4.295.200

-Morte por accidente de tráfico: 6.442.800

Artigo 24º.-Fondo Social e de Formación.

Dotarase o Fondo Social e de Formación con 1.144.000 ptas., o cal será administrado por unha comisión formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da empresa.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social ou de formación que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

O Fondo Social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas polo comité de xestión do Fondo Social e o persoal (anexo V).

Artigo 25º.-Seguro complementario de incapacidade profesional total e permanente.

A empresa subscribirá un seguro complementario de incapacidade profesional total e permanente a favor de tódolos traballadores cun capital asegurado de 2.147.600 ptas.

Este seguro será custeado polas bonificacións obtidas do seguro de vida e a diferencia, ata o custo total, pola empresa.

Artigo 26º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades súas na contía fixa de 1.404 ptas. por comida nos casos en que a xornada laboral se alongue nunha hora ou máis. Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida.

Artigo 27º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente. Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sendo,

en última instancia, a comisión de xestión do Fondo Social a que dictamine sobre a súa concesión.

Artigo 28º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela e nun radio superior a 50 km, verá incrementada a súa retribución diaria e as súas horas extras nun 35% mentres dure o desprazamento.

Quedan excluídas deste artigo as categorías iguais ou superiores a xefe de sección. Os desprazamentos por motivos de formación de tódolos casos e as persoas que como os vendedores, e vixilantes, etc. necesitan dos desprazamentos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 29º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 37 ptas/km brutas. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente.

Artigo 30º.-Axuda por fillos diminuídos.

A petición do comité de empresa e para as persoas que se solicitara, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 30.000 ptas. brutas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

Título IV

Aspectos sindicais.

Artigo 31º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire aplicarase o que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión, e a comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de anticipación.

A empresa, a petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 32º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa (22 horas por membro), poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a súa distribución.

Artigo 33º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afecto a este convenio, sempre e cando sean solicitados por el.

33º.1.-O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

Artigo 34º.-Taboleiro de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo.

Título V

Conceptos económicos.

Artigo 35º.-Retribucións e masa salarial bruta.

35º.1.-Os salarios do persoal para 1996 serán os sinalados na táboa salarial anexa.

No presente ano consolídase unha paga especial de 35.000 pesetas, que se aboará no mes de xuño, para todo o persoal afectado polo presente convenio.

35º.2.-Masa salarial bruta (M.S.B.): para a negociación do presente convenio tivéronse en conta as seguintes masas salariais das categorías comprendidas na táboa salarial anexa ó convenio de 1994:

-Salarios base individual, por grupos de categorías e totais ano.

-Pluses de asistencia e puntualidade individuais, por grupos de categorías e totais ano.

-Pluses de antigüidade individuais e plus do convenio 1994, por grupos de categorías e totais ano.

(Todas elas incluíndo as pagas extraordinarias).

-Total aboado por prima de producción en 1994.

-Complementos de posto de traballo.

35º.3.-En xeral, a M.S.B. definiuse da seguinte forma:

35º.3.1.-Retribucións salariais brutas.

35º.3.1.1.-Salarios base.

35º.3.1.2.-Beneficios e pluses.

35º.3.1.3.-Incentivos e primas de producción.

35º.3.1.4.-Pagas extraordinarias.

35º.3.1.5.-Complementos de postos de traballo.

35º.3.2.-Outros conceptos económicos.

35º.3.2.1.-Comisións e axudas de custo.

35º.3.2.2.-Premios e prestacións especiais.

35º.3.2.3.-Bolsas.

35º.3.2.4.-Subvencións a comedores.

35º.3.2.5.-Vivendas.

35º.3.2.6.-Outros beneficios sociais non retributivos.

35º.3.3.-Retribucións por horas extraordinarias.

35º.3.4.-Retribucións por antigüedades e plus convenio 1994.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa, excepto ós que forman parte do STAFF da presidencia da compañía e as direccións da empresa.

Para depura-la M.S.B. definida excluiranse:

-As cantidades do epígrafe 35º.3.2.

-As cantidades de carácter asistencial e social (formación profesional, cultural, recreativa, comedores, axuda familiar, transporte, etc). Estas cantidades non se excluirán no caso de seren percibidas a tanto global polos traballadores.

-As cantidades correspondentes ó persoal de STAFF de presidencia e direccións da empresa.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.4.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.3., serán estudiadas, se é o caso, pola dirección da empresa e o comité de empresa.

35º.4.-A agrupación de categorías que se considerou nesta negociación, foi a seguinte:

-Oficiais 1ª mantemento.

-Oficiais 1ª fabricación con profesionais 1ª fabricación.

-Oficiais 2ª mantemento.

-Oficiais 3ª mantemento.

-Oficiais 2ª fabricación con profesionais 2ª fabricación.

-Axudantes especialistas con especialistas.

-Peóns.

-Oficiais 1ª transformación.

-Oficiais 2ª transformación con profesionais 2ª transformación.

-Oficiais 3ª transformación e pegadores/as.

-Contramestres, encargados, mestres industriais e capataces.

-Vixilantes e garda ordinario.

Artigo 36º.-Plus de antigüidade e plus convenio 1994.

36º.1.-Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un, calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

36.2.-Plus convenio 94.

Todo o persoal fixo o 31-12-1993 pasará a ter un plus convenio 1994, equivalente á diferencia entre o 30% do seu salario base da táboa salarial vixente en 1993 e o plus de antigüidade mencionado no apartado 1 deste artigo.

Este plus de convenio terá carácter de absorbible en anos vindeiros na mesma contía en que se incremente o plus de antigüidade.

36º.3.-Ahora ben, todo traballador que o 31-12-1993, xa tivese unha antigüidade na empresa que dese lugar a un plus de antigüidade do 30% a porcentaxe maior por aplicación do plus de antigüidade vixente en 1993, consolidará para 1994 a porcentaxe aplicable en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31-12-1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu plus do convenio será o resultado de aplica-la dita porcentaxe sobre da táboa salarial vixente en

1993 minorado polo plus de antigüidade calculado de conformidade co artigo 36º.1.

Este plus de convenio terá carácter de absorbible na mesma contía en que se incremente o plus de antigüidade.

Artigo 37º.-Plus de asistencia e plus de puntualidade.

O importe destes dous pluses percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous pluses cobraranse por día efectivo de traballo.

Os retrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado implicarán a perda da parte proporcional do plus de asistencia, (sempre que o retraso sexa superior a unha hora) e do cento por cento do plus de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día non se pagará o importe de ámbolos pluses do dito día, exceptuando as licencias e permisos establecidos no artigo 12º do presente convenio (salvo nas que se indique o contrario), así como as saídas ó consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 38º.-Plus de toxicidade.

Este plus está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa, e constitúe un dez por cento do mesmo.

Artigo 39º.-Plus de nocturnidade.

Este plus será do 30% sobre tódolos conceptos salariais, pagándose o dito plus na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. Cando por necesidades da empresa, o persoal teña que prolonga-la súa xornada despois das 6 horas, para efectos de cobro será considerado como horas nocturnas.

Artigo 40º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o cento por cento da súa retribución, incluíndo a prima de producción se estivera suxeito a ela. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o seu cálculo.

Artigo 41º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do cento por cento da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización e sempre que o dito período non supere os oitenta días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do que estipule en cada momento a lei ou normas concordantes, excepto nas baixas de duración superior a vinte días, nas que o productor afectado cobrará o noventa por cento da base tarifada do mes anterior a partir do vixésimo día.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo de informe médico, e de acordo coas suas características, puideran ser merecedoras do cobro do 100% da súa retribución.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias.

42º.1.-As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, plus de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade e plus convenio 1994 correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

42º.2.-Todo productor que ó longo do ano de vixencia do presente convenio non teña un absentismo superior a seis días laborais percibirá unha gratificación de seis días de salario base, plus de asistencia, de puntualidade, de antigüidade, de convenio 1994, máis 10.000 ptas.

Para o cómputo do absentismo antedito, non se terán en conta os permisos e licencias recollidas no artigo 12º deste convenio, así como as baixas por accidente ou hospitalización, computándose polo tanto toda falta total ou parcial ó traballo aínda que sexa xustificada, tales como retrasos, baixas por enfermidade, etc.

42º.3.-No mes de agosto acórdase establecer un complemento equivalente ó cento por cento da prima de producción media dos meses de abril, maio e xuño inclusives, o cal será efectivo co anticipo da mensualidade de agosto, a pagar o día 31 de xullo. O reparto de dita cantidade efectuarase de forma lineal entre tódolos traballadores que perciban actualmente prima de producción. Computaranse, ademais das horas reais de presencia, as horas de ausencia dos permisos e licencias contemplados no artigo 12º do presente convenio e as baixas de accidente.

O persoal non suxeito á percepción de prima de producción, con categoría igual ou inferior a xefe de sección cobrará a prima media resultante do cobrado polo resto do persoal afectado nas dúas plantas.

42º.4.-Acórdase establecer dúas gratificacións extraordinarias por non absentismo nos meses de xullo e decembro, consistentes cada unha no 55% da prima de producción media de cada traballador, calculándose a de xullo coa media de abril, maio e xuño, e a de decembro coa media dos meses de setembro, outubro e novembro.

Para o cómputo de dito absentismo non se terán en conta as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio e as baixas por accidente ou hospitalización, computándose por tanto toda fal

ta total ou parcial aínda xustificada, tales como retrasos, baixas por enfermidade, etc.

Estas gratificacións aplicaranse a aqueles tralladores con categoría inferior a xefe de departamento.

Artigo 43º.-Prima de producción.

Durante a vixencia do presente convenio, os valores da prima de producción serán os seguintes:

Moldeado:

As fórmulas de cálculo son:

Numerador = ((pezas x ptas/peza) + P.Min.)

Denominador = (Personal normal x coeficiente) x 8 horas x días traballados mes)

Ptas/hora = Numerrador : Denominador

Prima = Coeficiente x ptas/hora x personal real (horas)

Personal normal (por quenda):

Quente IQuente IINoiteMesturas

1/2 Encargado1/2 Encargado
1 Encargado1 Encargado1 Encargado 1 Encargado
9 Operarios11 Operarios3 Operarios 2 Operarios

MoldeadoProd. e horas de Ref.Pre./Pza.P. Min.

Quente (*)Pzas. e horas quente4,3618.176

Por quenda e persoal

normal de producción

de 8.00 horas completo

Semi-ríxido Tomaranse as mesmas ptas./hora que na Secc. Quente.

TransformaciónPzas. e horas quente3,8732.255

Calid. e Embal.Pzas. e horas Que. e frío4,0733.868

ConservaciónPzas. e horas quente3,8031.670

AlmacénPzas. e horas quente3,8031.670

E. controlMedia ptas./hora quente e frío

E. almacénMedia ptas./hora quente e frío

E. Transfor.Media ptas./hora quente e frío

E. preproducciónMedia ptas./hora quente e frío

BloquePrecio/kgPrec./Per. neta mes

Bloque bruto0,90

Bloque limpio1,77

Pezas4,421.834 ptas.

Col. Plan. e Rolo.3,54

As fórmulas de cálculo para bloque son as mesmas que as do ano 1994.

A prima de producción incrementarase en:

-500 ptas. lineais/traballador/mes.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias conforme os seguintes criterios:

44º.1.-Horas extraordinarias habituais.

Suspensión.

44º.2.-Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

44º.3.-Horas extraordinarias estructurais.

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais ou outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, todo iso, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A empresa co fin de minimiza-la incidencia do absentismo na realización de horas extras, designará o persoal necesario para cubri-la porcentaxe de absentismo medio que tivemos no ano 1994.

A dirección da empresa entregará ó comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, as súas causas e número delas. Así mesmo, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo que a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el mesmo, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais, non terán o recargo nas cotización á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo e reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria para 1995, será o indicado, en cada categoría, no anexo I, táboa salarial.

Título VI.-Conceptos legais.

Artigo 45º.-Lexislación aplicable.

No que non estea expresamente disposto neste convenio, aplicarase o que determine o Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 46º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Josep Poch i Riba, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores.

A empresa

Rubricado

O comité

Rubricado

ANEXO 1

TÁBOA SALARIAL 1994

ObservaciónsSoldo basePlus Asist.Plus Punt.TotalHora extra

Día hábilDía Inháb.P.P.

Persoal de fabricación

Oficial de 1ª113.06717.04917.561147.6772.1462.788SI 1,1

Profesional de 1ª110.93214.07414.586139.5922.0192.624SI 1,1

Oficial de 2ª108.79611.16611.823131.7851.9262.504SI 1,1

Profesional de 2ª108.79611.16611.823131.7851.9262.504SI 1,1

Especialista107.74711.05711.491130.2951.9262.504SI 1,0

Axudante especialista100.17110.48310.600121.2541.9262.504SI 1,0

Peón 84.598 8.927 9.317102.8421.9262.504SI 0,8

Persoal de transformación

Oficiala de 1ª104.19911.47411.651127.3241.9622.550SI 1,1

Oficiala de 2ª 98.299 9.90010.204118.4031.9262.504SI 1,1

Profesional de 2ª 98.299 9.90010.204118.4031.9262.504SI 1,1

Oficiala de 3ª 98.299 9.90010.204118.4031.9262.504SI 1,0

Pegadora 98.299 9.90010.204118.4031.9262.504SI 1,0

Transformador/a de 1ª104.19911.47411.651127.3241.9622.550SI 1,0

Transformador/a de 2ª 98.299 9.90010.204118.4031.9262.504SI 1,0

Transformador/a de 3ª 98.299 9.90010.204118.4031.9262.504SI 1,0

Axudante de transformación 84.597 8.926 9.316102.8391.8522.504SI 0,8

Persoal de mantemento

Oficial de 1ª145.81120.93820.725187.4742.2902.979SI 1,1

Oficial de 2ª121.68617.49117.790156.9672.0192.624SI 1,1

Oficial de 3ª108.72011.16311.821131.7041.9262.504SI 1,0

Persoal técnico de laboratorio

Analista147.74615.84413.469177.0592.3673.077

Especialista de laboratorio141.58415.20012.917169.7012.3673.077

Auxiliar de laboratorio107.83011.016 9.293128.1391.9262.504

Persoal técnico de fabricación

Contramestre181.32922.40122.102225.8322.4773.219SI 1,2

Mestre industrial174.44321.97421.675218.0922.4773.219SI 1,2

Encargado168.79821.38921.091211.2782.4773.219SI 1,2

Capataz138.42519.95619.658178.0392.3673.077SI 1,2

Persoal de oficina técnica

Delineante de 1ª168.31621.09518.312207.7232.4773.219

Delineante de 2ª141.54115.18012.908169.6292.3673.077

Delineante de 3ª107.97211.11710.618129.7071.9262.504

Persoal administrativo e vendas

Oficial de 1ª administrativo147.74615.84413.469177.0592.4773.219

Oficial de 1ª administrativo128.12620.22717.995166.3482.0192.624

Auxiliar administrativo107.12810.911 9.196127.2351.9262.504

Graduado social107.12810.911 9.196127.2351.9262.504

Xefes de Dpto. e servicios xerais

Xefe de sección197.33530.11726.735254.187

Cronometrador144.60816.05913.701174.368

Auxiliar de métodos e tempos107.79510.999 9.285128.0791.9262.504

Programador154.80729.09426.269210.1702.4773.219

Auxiliar de programador107.79510.999 9.285128.0791.9262.504

Vixilante110.05313.72711.903135.6831.9262.504

Garda ordinario110.05313.72711.903135.6831.9262.504

Garda barreira 99.93910.367 9.727120.0331.9262.504

Conductor de 1ª123.37016.92614.837155.133

Conductor de 2ª108.77911.14910.772130.700

ObservaciónsSoldo basePlus Asist.Plus Punt.TotalHora extra

Día hábilDía Inháb.P.P.

Secretaria127.92612.22010.202150.348
Limpadora 97.456 9.790 9.344116.5901.9262.504
Auxiliar a limpadora 84.597 8.926 9.316102.8391.9262.504
Licenciado e enxeñeiro técnico117.11518.08916.261151.465

ANEXO III

Normas de seguridade e hixiene

Mos, 27 de decembro de 1989.

Asinantes.

Pola empresa.

José Poch Riba

Antonio Miguel López Suárez

José Antonio Fernández Montenegro

Antonio Estévez Vila

Polo comité.

Francisco Miranda Vigo

Francisco Soliño Hermida

Antonia Cicchiello Russotto

Rafael Fernández González

Amadeo Almuster Campo

Normas de seguridade e hixiene

O comité de empresa da empresa Copo Ibérica, S.A. e a dirección desta, subscriben na súa totalidade as presentes normas. As ditas normas están en función dos acordos tomados segúndo os productos utilizados nos procesos de fabricación, algúns dos cales poden ser considerados como nocivos para a saúde.

Ó mesmo tempo, estas normas sirven como base para unha maior concienciación tanto por parte da empresa como dos traballadores, comprometéndose ámbalas dúas partes no total cumprimento delas.

I.-Organización do comité de seguridade e hixiene.

Artigo 1º.-Composición do comité de seguridade e hixiene (C.S.H.).

O C.S.H. estará composto por tres membros propostos polo comité de empresa, que formarán a repre

sentación da parte social, dous membros designados pola dirección da empresa, que formarán a presentación empresarial e dous membros en calidade de asesores técnicos, que serán os responsables do mantemento e do servicio médico da empresa.

Artigo 2º.-Horas de reunións do C.S.H.

As reunións do comité de seguridade e hixiene celebraranse dentro da xornada laboral, debendo realizarse unha reunión ó mes.

Artigo 3º.-Dereitos e deberes do C.S.H.

O C.S.H. terá tódalas atribucións que a normativa legal prevé. Ademais poderán exercer un labor de vixilancia de todos aqueles postos de traballo que comporten risco para os traballadores.

Terán a obrigación de informar periodicamente os traballadores das súas actividades, tomando como carácter prioritario, para mellora-las condicións de traballo, evita-la xeración, emisión e a transmisión dos riscos, ou en caso de non ser viable, a utilización de medios de protección hasta que se poida anula-la causa dos ditos riscos. A utilización dos medios de protección persoal será excepcional, sempre que sexa posible.

No caso de risco grave para a saúde, tomarase urxente e conxuntamente coa dirección da empresa as decisións sobre as medidas a adoptar, acordando o plan de actuación e data de execución, que quedarán reflexadas nunha acta.

Artigo 4º.-Principios xerais.

O C.S.H. rexerase polos niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no medio ambiente laboral, tomando como referencia os T.L.V. utilizados na normativa que nesta materia ten aprobados o Estado español, na súa admisión á O.I.T.

Artigo 5º.-Participación do C.S.H. no plan de investimentos.

O C.S.H. terá coñecemento dos investimentos que a empresa vaia efectuar nas instalacións para mellora-los postos de traballo, podendo efectua-la súa propia valoración e propor outras melloras ou modificacións para a súa posible inclusión no plan de investimentos da empresa, tendo que pasa-lo C.S.H. no mes de outubro de cada ano as ditas propostas.

II.-Concreción da seguridade e hixiene na empresa.

Artigo 6º.-Información sobre productos utilizados e viabilidade de instalacións de saneamento.

A empresa informará o C.S.H. sobre os productos que entran na súa fabricación e dos riscos que poida ocasina-la súa manipulación, que estean en coñecemento da mesma.

A dirección da empresa negociará co C.S.H. sobre a viabilidade de instalar equipos de saneamento e prevención que serán propostos polos representantes do C.S.H.

Artigo 7º.-Entrega de información.

A empresa facilitará ó C.S.H. copia dos informes ou estudios que se realicen sobre o medio ambiente no centro de traballo.

Os resultados das revisións médicas que envía a mutua serán recibidos polo médico da empresa, quen exporá unha lista cos nomes de quen se recibise algún informe médico e así poder, quen o desexe, acudir ó servicio médico en busca de información sobre o seu estado físico de acordo cos ditos resultados clínicos, que sempre serán confidenciais, podendo ademais o interesado solicita-los ditos resultados para entregar ó médico de cabeceira se o considera necesario.

De existir algunha persoa con resultados clínicos ou problemas especiais fóra do normal, será citada persoalmente para informala da súa situación.

Artigo 8º.-Medidas especiais de vixilancia.

O C.S.H. poderá esixir medidas especiais de vixilancia naqueles postos de traballo onde se demostre que existan riscos para a saúde.

Artigo 9º.-Actualización da lexislación laboral en S. e H.

Ata que non se actualice a lexislación na materia, consideraranse como valores máximos admisibles de substancias químicas ou axentes físicos no medio ambente laboral, o limiar de valores límite na súa versión máis actualizada.

Artigo 10º.-Rexistros periódicos e medicións ambientais.

Naqueles postos de traballo onde existan riscos ambientais levarase un rexistro anual dos datos relativos a eles.

Artigo 11º.-Accidentes laborais.

En todo accidente laboral, a empresa redactará un informe que será presentado ó comité de empresa.

O C.S.H. emitirá outro informe do dito accidente para o comité de empresa e para empresa.

Artigo 12º.-Roupa de protección.

A empresa negociará cos representantes do C.S.H. sobre a roupa de protección que o C.S.H., asesorado polo médico da empresa, considere necesario implantar.

Antes da posta en vigor destas normas e acordos, determinaranse as roupas e proteccións que se implantarán nos postos de traballo con riscos graves para a saúde. As ditas proteccións serán de obrigada utilización, podendo tomarse as medidas correspondentes por non utilizalas, segundo a lexilación vixente.

Artigo 13º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual nun centro especializado para o efecto.

Aqueles traballadores que, polo desenvolvemento do seu traballo estean expostos a un maior risco, poderán ter dereito a máis revisións médicas de carácter específico.

A amplitude das diferentes revisións médicas serán acordadas dentro do C.S.H., co asesoramento do médico de empresa.

Artigo 14º.-Cambios de posto de traballo.

Sempre que sexa posible, e de acordo co C.S.H., poderase trasladar do posto de traballo a aquelas persoas con problemas de saúde que poidan ser agravados no seu posto habitual de traballo, coa variación das súas percepcións económicas que orixine o novo posto.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará o C.S.H. dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 15º.-Protección á maternidade.

As traballadoras embarazadas, cando existan condicións ambientais nocivas para a súa saúde ou a do feto, poderán solicitar cambio do posto de traballo e concederáselle sempre e cando a organización da empresa o permita.

De non ser posble o dito cambio, a empresa informará o C.S.H. dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 16º.-Prevención de riscos.

Todo accidente de traballo, enfermidade profesional ou outro tipo de dano á saúde do traballador, derivado do traballo, fará que se tomen as medidas necesarias para evita-la repetición do dito dano.

III.-Control e prevención na empresa.

Artigo 17º.-Medicións por encima dos T.L.V.

En todo posto de traballo no que nas mostraxes de medición dean niveis superiores ós T.L.V., toma

ranse as medidas necesarias para corrixir no menor prazo posible as causas dos ditos niveis elevados e mentres tanto, adoptaranse medidas de protección persoal encamiñadas a elimina-lo risco para a saúde das persoas e poderanse facer rotacións máis frecuentes entre o persoal, de acordo coa proposta que o C.S.H. faga para cada caso.

En caso de risco grave para a saúde, tomaranse urxente e conxuntamente coa dirección da empresa, as decisións sobre as medidas a adoptar, acordando o plan de actuación e data de execución, que quedarán reflectidas na súa acta. (I-3º).

Artigo 18º.-Tecnoloxía e organización no traballo.

Dado que o C.S.H. estará informado dos productos perigosos utilizados na fabricación, poderalle solicitar á empresa a súa substitución por outros productos similares máis inocuos, se é posible tecnicamente, así como no referente a novas tecnoloxías que puideran ser prexudiciais para a saúde do traballador.

Artigo 19º.-Mapa de riscos na empresa.

Dentro do C.S.H. confeccionarase un mapa de riscos do centro de traballo, dividido por áreas e seccións.

O mapa final tomarase como base para a realización dun plan de prevención, tomándose como referencia prioritaria as áreas e seccións establecidas.

Como proposición inicial poderían ser:

*Quente

Sala de máquinas:

-Manipulación de productos químicos

Coada:

(Colocación insertos):

-Inhalacións tóxicas

-Calor

-Espacio

-Ruído

Desmoldeo:

-Inhalacións tóxicas

-Calor

-Espacio

-Ruído

Abastecedor:

-Falta de espacio

En xeral:

-Correntes de aire

*Semi-ríxido

Cadea:

-Inhalacións tóxicas

Rebarbos:

-Maquinaria perigosa

*Transformación

En xeral:

-Inhalacións tóxicas

-Espacio reducido

*Almacén

En xeral:

-Suciedade

-Pó

-Pesos

*Fabricación Bloque

En xeral:

-Inhalacións tóxicas

-Suciedade

-Pesos

*Corte bloque

En xeral:

-Maquinaria perigosa

*Almacén bloque

En xeral:

-Pesos

-Correntes de aire

-Cambios de temperatura

*Administración

En xeral:

-Riscos na visión por uso de pantallas de ordenadores

Artigo 20º.-Incendios.

No caso de incendios que xeren fumes, en cantidades perigosas para a saúde, permitirase a saída do recinto, daquelas persoas que segundo as normas de organización contraincendios, non estean integradas en ningunha brigada, nin teña un cometido asignado para estos casos.

No caso de incendio nas cadeas de fabricación, quedará o persoal imprescindible para poder desmoldear e evacua-las espumas en ambas liñas de fabricación, para o que se instalarán medios específicos de protección na súa proximidade dentro dun armario (mascarillas panorámicas buconasais).

Para este artigo en contreto, a empresa fará unha proposta de normas contraincendios con designación das persoas que integrarán as brigadas corta incendios e as pautas de actuación en cada caso. Tales normas formarán un anexo a estas normas de seguridade e hixiene.

Artigo 21º.-Prohibición de fumar ou acender lume.

Existe na empresa, a prohibición de fumar ou acender lume en tódolos lugares non autorizados, baixo a sanción oportuna, segundo a gravidade do caso, ó infractor deste artigo, salvo permiso expreso da empresa para a realización de determinados traballos (soldadura, etc).

Artigo 22º.-Normas de seguridade a personal de empresas auxiliares.

Tódalas empresas contratadas para realizaren traballos no recinto de Copo Ibérica, S.A., deberán subscribir tódalas normas de seguridade e hixiene, así como as referentes á seguridade c/i existentes na empresa mediante documento. Así mesmo, para traballos específicos poderanse estipular outras medidas que se lle comunicarán ás ditas empresas.

ANEXO IV

Ley 3/1989 (BOE do 8 de marzo).

ANEXO V

Fondo Social e de Formación

Capítulo 1º

Normas básicas de funcionamento.

Artigo 1º.-Por acordo entre o comité de empresa e a empresa Copo Ibérica, S.A. constitúese o Fondo Social e de Formación, co fin de atende-las axudas de carácter social ou de formación que sexan solicitadas polo persoal a que afecta o convenio.

Artigo 2º.-O obxecto do Fondo Social e de Formación é atender a tódalas obras sociais, profesionais, benéficas e de infortunio en favor de tódolos traballadores.

Artigo 3º.-Os fondos económicos do Fondo Social e de Formación estarán integrados segundo a cantidade establecida no convenio colectivo. A empresa porá á disposción do Fondo Social e de Formación os fondos correspondentes segundo o acordado en convenio e a sinatura do mesmo.

Artigo 4º.-O Fondo Social e de Formación será administrado por unha comisión formada por tras membros do comité de empresa e tres representantes designados pola empresa.

Artigo 5º.-O domicilio social desta comisión será o de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 6º.-A duración da dita comisión sera de catro anos.

Artigo 7º.-Estas normas entrarán en vigor unha vez aprobadas pola comisión do Fondo Social e de Formación e o comité de empresa.

Artigo 8º.-Estas normas poderán ser modificadas ou substituídas por acordo da comisión do Fondo Social e de Formación co visto e prace da dirección da empresa e do comité.

Capítulo 2º

Obrigacións e dereitos do persoal

Artigo 9º.-Obrigacións dos traballadores.

1.-Cumpri-las normas e observa-las formalidades nelas previstas.

2.-Cumpri-los acordos e as resolucións da comisión do Fondo Social e de Formación.

3.-Presta-la súa colaboración persoal para o mellor cumprimento do Fondo.

4.-Non defraudar ou abusar do Fondo Social e de Formación.

5.-Non destina-los fondos outorgados a outro fin distinto do solicitado.

Artigo 10º.-Dereitos dos traballadores.

1.-Percibir do Fondo Social e de Formación os beneficios e auxilios que lle correspondan de conformidade co establecido nas presentes normas.

2.-Intervir na administración e modificación das normas do Fondo Social e de Formación a través dos seus representantes.

Artigo 11.-A Comisión do Fondo Social e de Formación poderá impor ós traballadores, nos casos de incumprimento das súas obrigacións, as sancións siguientes:

1.-Privación de recibi-los beneficios do Fondo Social e de Formación.

2.-As sancións que considere oportuno aplica-la comisión deberán comunicárselle ó interesado necesariamente por escrito, con expresión dos motivos que a ocasionan. Dentro dos 10 días seguintes a esta comunicación, o interesado pode elevar un prego de descargos á dita comisión que, unha vez examinado, resolverá definitivamente segundo proceda.

Capítulo 3º

Organización e funcionamento

Artigo 12º.-Son órganos de goberno do Fondo Social e de Formación:

a) Comité de empresa.

b) Comisión do Fondo Social e de Formación.

Artigo 13º.-O comité reunirase regulamentariamente unha vez ó ano para decidir sobre as seguintes cuestións:

a) Aproba-lo balance e memoria anual.

b) Aproba-los orzamentos anuais.

c) En xeral calquera modificación dos estatutos.

-A convocatoria levarase a cabo pola comisión do Fondo Social e de Formación, o texto da convocatoria e a orde do día será entregado ó secretario do comité de empresa e publicado nos taboleiros de anuncios da empresa.

-O comité entregará á dirección da empresa unha copia da acta da dita reunión.

-Terán dereito de asistencia tódolos membros do comité de empresa e da comisión con voz e voto.

Artigo 14º.-De entre os membros do Fondo Social elixirase un presidente e un secretario.

Artigo 15º.-A comisión do Fondo reunirase unha vez ó mes como mínimo.

Artigo 16º.-Existirá un fondo de reserva de polo menos un 15% do total.

Artigo 17º.-Os acordos da comisión do Fondo para a súa validez deberán ser aprobados por maioría de votos de entre os presentes. No caso de empate decidirá o voto do presidente.

Artigo 18º.-Facultades do presidente.

-O presidente da comisión do Fondo presidirá as reunións que se celebren, dirixiraas, convocaraas e vixiará a execución dos acordos que nelas se acorden.

-En caso de ausencia será substituído por un vocal que designen os demais membros.

Artigo 19º.-Facultades do secretario.

-O secretario da comisión do Fondo estenderá e levantará actas de tódalas reunións que serán asinadas por el mesmo e levaran o visto e prace do presidente.

-En caso de ausencia será substituído polo vocal que designe a comisión.

-Os vocais da comisión do Fondo colaborarán nas funcións asignadas á dita comisión emitindo o seu voto en tódolos asuntos que se presenten e aportando as suxestións que consideren convenientes.

Artigo 20º.-Facultades da comisión do Fondo Social e de Formación.

1.-Representa-lo Fondo en tódolos ámbitos e exercer tódalas accións e dereitos que competan a ela, así como delegar esta representación para casos concretos na persoa que considere conveniente.

2.-Aproba-las normas de aplicación dos servicios e prestacións do Fondo Social e de Formación.

3.-Aprobar con carácter previo os orzamentos anuais, balance, memoria; en xeral calquera acordo que deba ser sometido ó comité de empresa.

4.-Acordar con carácter excepcional a realización de gastos que non teñan consignación nos orzamentos anuais, dando conta na primeira reunión do comité de empresa.

5.-Acorda-la realización de prestacións extraordinarias.

6.-Aproba-la apertura de contas en entidades bancarias e designa-las persoas que poidan utilizalas. Para estes efectos será necesaria a sinatura conxunta do presidente, o secretario e un vocal.

7.-A organización e administración do Fondo Social e de Formación.

8.-Resolución de tódalas pretensións de tódolos traballadores en relación cos presentes estatutos.

9.-Resolve-las reclamacións que poidan formularse en relación coas prestacións da comisión do Fondo.

10.-Velar polo cumprimento dos seus estatutos.

Capítulo 4º

Prestacións

Artigo 21º.-Prestacións do Fondo.

a) Préstamos con devolución a pactar segundo o caso.

b) Sin devolución.

-As solicitudes para as ditas prestacións deberán ir debidamente acompañadas coa documentación, na que se basea a petición e as causas que motivan a solicitude.

-As solicitudes serán presentadas á comisión do Fondo para o seu estudio, a cal responderá ó solicitante da súa decisión.

-Non será posible a concesión de unha nova prestación en canto exista saldo pendente de amortizar dun préstamo anterior.

Capítulo 5º

Cláusula de confidencialidade

Artigo 22.-A comisión do Fondo Social e de Formación, o comité de empresa e a dirección da empresa comprométense a gardar confidencialidade de tódolos casos tratados.

7608