Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 28-11-1995 en relación coa inclusión de categorías no anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo Real decreto 1040/1981, Art. 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentaron o 19 de decembro de 1995, a acta nº 8 da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia do 28 de novembro de 1995, así como unha certificación do seu secretario no que se fai constar o acordo que reflicta a inclusión de categorías no anexo II do convenio. A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente nesta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na xuntanza da comisión paritaria 28-11-1995 adoptou o acordo que seguidamente se relaciona sobre a inclusión de categorías no anexo II do convenio.

GrupoCategoría-númeroCategoría-denominación

132Profesor de música

96-0093