Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 1996 correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na propostas de festas laborais de carácter local de diversos concellos e realizada -a petición dos respectivos concellos- a oportuna rectificación polas correspondente delegacións provinciais, cómpre face-la pertinente corrección na antedita resolución, publicada no DOG número: 235, do 11 de decembro de 1995, así:

-Na páxina 9.278, no anexo I, calendario laboral, provincia: A Coruña, onde di: «78. Santa Comba: 20 de febreiro, martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro»; debe dicir: «78. Santa Comba: 20 de febreiro, martes de Entroido; 1 de xullo, San Pedro».

-Na páxina 9.279, no anexo II, calendario laboral, provincia. Lugo, onde di: «54. Samos: 9 de xaneiro e 8 de xullo»; debe dicir: «54. Samos: 9 de xaneiro e 15 de xullo».

-Na páxina 9.280, no anexo III, calendario laboral, provincia: Ourense, onde di: «53. Padrenda: 24 de xullo, San Xoán; 16 de setembro, San Cibrao»; debe dicir: «53. Padrenda: 24 de xuño, San Xoán; 16 de setembro, San Cibrao».

-Na páxina 9.281, no anexo IV, calendario laboral, provincia: Pontevedra, onde di: «3. Baiona: 1 de marzo, arribada Carabela Pinta; 20 de xullo, Santa Liberata»; debe dicir: «3. Baiona: 8 de marzo, arribada Carabela Pinta; 20 de xullo, Santa Liberata».

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1996.

0070