Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1996 pola que se convoca unha xornada de estudio sobre presente e futuro do estado de benestar.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 1996, figura a celebración dunha xornada de estudio sobre Presente e futuro do estado de benestar.

1.-Obxecto.

O día 8 de febreiro de 1996 terá lugar, no salón de actos da facultade de Ciencias Económicas da Universidade da Coruña, unha xornada de estudio sobre Presente e futuro do estado de benestar, que se realizará en colaboración coa Universidade da Coruña.

2.-Obxectivos.

Reflexionar sobre os principais temas actuais do estado de benestar e os máis acuciantes problemas do seu futuro, desde unha posición esencialmente crítica e unha perspectiva eminentemente económica e sociolóxica.

3.-Contido.

-A política social na Unión Europea e os límites do estado de benestar.

-O estado de benestar e a posibilidade de elixir.

-A economía do estado de benestar.

-A política social en España.

4.-Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas, e interesados en xeral.

5.-Desenvolvemento e duración.

As xornadas abriranse o xoves, día 8 de febreiro, ás 10 horas, e rematará, ás 18.30 h. dese mesmo día.

6.-Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 6 de febreiro de 1996.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 - 15703, Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 7 de febreiro, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 11,30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

7.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a ela, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1996.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

0167