Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996 pola que se amplia o prazo de inscrición e a data de comezo do II curso de xestión medioambiental.

Co propósito de facilitarlles ós interesados a súa inscripción no II curso superior teórico-práctico de xestión mediambiental, anunciada a súa convocatoria no DOG nº 5 do día 8 do mes actual, faise público que se prorroga ata o próximo 12 de febreiro o prazo para a formalización das matriculacións na citada actividade, que comezará na Escola Galega de Administración Pública na data que, dentro do primeiro trimestre deste ano, se lles notificará oportunamente ós aspirantes admitidos.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1996.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

80