Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 376

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (64/1995).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo dos que se fará mención, dictouse o seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintesete de xullo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de cognición de desafiuzamento por falta de pagamento e, simultaneamente, reclamación de cantidade, seguidos baixo o número 64/1995, no que son partes, como demandante, Elena Suárez Mecías, maior de idade, viúva, con domicilio na rúa San Pedro de Mezonzo, nº 13-5º, representada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, contra María Dolores Caridad Domínguez, maior de idade, casada, con domicilio na rúa Romero Donallo, nº 5-3º F, e declarada procesualmente en rebeldía.

Decido que admito a demanda formulada polo procurador García-Píccoli Atanes, en nome e representación de Elena Suárez Mecías, e debo declarar e declaro haber lugar ó desafiuzamento da demandada María Dolores Caridad Domínguez, por falta de pagamento das rendas pactadas do piso 3º F da casa número cinco da rúa Romero Donallo desta cidade e destinado a vivenda, con apercibimento de lanzamento se non o desaloxase dentro do termo previsto na lei; a que aboe o importe das mensualidades debidas na cantidade de 238.720 ptas., así como ó pagamento das custas causadas no procedemento.

A presente resolución non é firme e contra ela as partes poden interpor, ante este xulgado, recurso de apelación dentro do terceiro día seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña».

E para que lle sirva de notificación á demandada rebelde, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

8494