Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Ancheamento e mellora da C.P. de Friol a Parga. P.K. 10,050-18,930.

Adxudicatario: Ramón Cortizo Lois.

Orzamento: 73.523.000 ptas.

Pavimentado e melloras no medio rural Crecente-Pontevedra. T.M. Crecente.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 27.210.000 ptas.

Mellora da capa de rodadura de camiños no municipio de Cambados.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 11.890.000 ptas.

Ampliación do paso inferior da estrada das Gándaras baixo a nova vía ponte Romai-O Ceao en Albeiros.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 73.300.000 ptas.

Beirarrúas na LC-303. Treito: Bretal-Olveira.

Adxudicatario: Construcciones y Obras Savur, S.L.

Orzamento: 29.499.408 ptas.

Mellora e renovación da rúa do Hórreo (2ª fase).

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 49.098.097 ptas.

Alargamento e mellora da estrada de Esteiro a Felgosas por Cerdido. P.K. 0+000 - 9+280.

Adxudicatario: Cubertas y Mzov, S.A. Orzamento: 347.312.093 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notíficase, advertíndose que esta resolución, en cato pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día siguiente ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-0031