Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 394/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de instalación de desvío liñas de M.T. na nova estrada de conexión entre a autovía A Cañiza-Batalláns e a N-120, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desdo o apoio 135, tipo C1000-12 da L.M.T. Frieira-A Cañiza ata un apoio s/n tipo C1000-12 da mesma liña, e desde un apoio s/n tipo 1B/10 da L.M.T. Frieira-A Cañiza ata un apoio s/n tipo 1B/10 da mesma liña, nos concellos da Cañiza e O Covelo.

Finalidade da instalación: desvío de liñas por construcción estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 65 m de lonxitude con conductor tipo LA-56 e 110 m en conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 1.812.364 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8525