Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a publicación do documento de revisión dos parques de cultivo de moluscos de Carril.

Ponse en coñecemento de tódolos interesados no procedemento de revisión e reordenación dos parques de cultivo de moluscos de Carril, regulado polo Decreto 158/1991, do 16 de maio, (DOG nº 98 do 24-5-1991), que, a proposta da xunta local de revisión e reordenación na súa reunión do día 22-12-1995 e unha vez resoltas as alegacións presentadas contra as bases de investigación, se aproba o documento de revisión dos citados parques de cultivo que se expoñerá ó público mediante avisos insertos unha soa vez no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de maior circulación da provincia, así como por tres días consecutivos nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Santiago de Compostela) e da súa Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), durante o prazo dun mes contado desde o seguinte ó da inserción do último aviso.

O documento de revisión estará exposto nas dependencias da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo,

nas da súa Delegación Comarcal de Carril, así como nas dependencias da confraría de pescadores e nas da agrupación de productores de parques de cultivo de Carril.

Contra o citado documento de revisión os interesados poden interpoñer recurso ordinario perante o Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, dentro do prazo dun mes contado desde o remate do prazo de exposición, de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

95-08416