Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de decembro de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de recursos de reposición de expedientes sancionadores (C-816/1991 e C-380/1992).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos recursos de reposición dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da publicación desta cédula, para que poidan examina-los expedientes, na Delegación Territorial da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5º andar, A Coruña), e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: C-816/1991.

Denunciado: Juán Manuel Oujo Ramallo.

Domicilio: Aguiño-Ribeira-A Coruña.

Sanción: corenta mil pesetas (40.000).

Resolución: desestimatoria confirmando a sanción de corenta mil pesetas (40.000).

Nº de expediente:n C-380/1992.

Denunciado: Armando Salazar Montoya.

Domicilio: Pazos, 48-C-Ferrol (A Coruña).

Sanción: cincuenta mil dúas pesetas (50.002).

Resolución: desestimatoria confirmado a sanción de cincuenta mil dúas pesetas (50.002).

A Coruña, 14 de decembro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

95-8417