Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 375

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (304/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, tramítanse co número 304/1995, autos do procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, sobre reclamación de 17.511.963 ptas., por instancia do Banco Hipotecario de España, representado pola procuradora Losada Gómez contra Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles Ferreiro, que tiveron o seu domicilio na rúa Espiñeira, número 4-1ª, desta cidade, e actualmente en paradoiro descoñecido para a parte actora. E por medio da presente cédula requírense de pagamento os expresados demandados, co fin de que dentro do termo de dez días, a partir da data da publicación da presente cédula paguen á entidade demandante as cantidades reclamadas, baixo apercibimento de procederse á poxa pública dos bens hipotecados.

Dada en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 1995.

A secretaria

Rubricado

9508084