Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 375

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (90/1995).

En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia con data 28 de novembro de 1995, dictada en expediente de dominio que

se segue neste xulgado co número 90/1995, a pedimento de Amelia Iribarnegaray Barreiro, para facer constar no Rexistro da Propiedade a inmatriculación en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa número trece moderno, seis antigo, rúa Bonaval, cunha superficie que é a da parte cuberta de sesenta e tres metros cadrados con setenta centímetros, e a da descuberta unida á casa anterior, corenta e dous metros cadrados. Consta de baixo e dous pisos superpostos, e a horta está á altura do piso principal. Linda todo: esquerda, entrando, casa número 11 de Guadalupe Pérez, hoxe Andrés Lago Cizur; dereita, a número 15 de Silvestre Muñoz, hoxe Luis Franco Díaz; fondo ou norte, muro que pecha o cemiterio. Está libre de carga e servidumes.

Polo presente edicto, cítanse os herdeiros de Milagros Fuentes Fuentes e a Carmen, Dolores, Mercedes López Pedre e Víctor Moscoso López, e herdeiros e cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, conforme a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9508013