Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 375

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (320/1995).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela en resolución desta data, nos autos de xuízo de cognición nº 320/1995, seguidos neste xulgado a pedimento de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Cristina Rey Lojo; emprázase a demandada Cristina Rey Lojo para que no termo de nove días compareza en autos con avogado que a defenda, coa prevención de que, se non comparece, será declarada en rebeldía e recaerá sobre ela o prexuízo ó que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento á demandada Cristina Rey Lojo, expido o presente edicto, que asino en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1995.

A secretaria

Rubricado

9508034