Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 375

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (315/1995-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas nº 314/1995-M, tramitado por non pagamento de cantidade, cítase en forma a José Manuel Sánchez Mujico, en paradoiro descoñecido, para que o día 2 de febreiro ás 10.30 horas, compareza como denunciado, ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos a que teña lugar en dereito e de que deberá ir provisto do DNI e das probas de que intente valerse.

En Santiago de Compostela, trinta de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

9508081