Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 374

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (146/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, o catorce de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

En nome de S.M. El Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte:

Sentencia. No xuízo de faltas número 146/1995, dimanante do procedemento seguido por agresión e resistencia á autoridade, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, os policías nacionais, con carné profesional nº 34.498 e 61.709, denunciantes, e como denunciado Hernán Alejandor Landaveri Urquizo, o cal se encontra en paradoiro descoñecido.

Decido que debo condenar e condeno a Hernán Alejandro Landaveri Urquizo, como autor dunha falta de ofensas a axentes da autoridade do artigo 570, parágrafo 2º do Código penal, á pena de cinco mil pesetas de multa cun día de arresto substitutorio en caso de non pagar, e doutras dúas faltas de malos tratos, do artigo 582, parágrafo 2º do Código penal, con pena de dous días de arresto menor por cada unha delas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución as partes poderán interpor recurso de apelación, para ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción dentro de

cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Hernán Alejandro Landaveri Urquizo, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

9508179