Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 374

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (340/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada no xuízo de faltas número 340/1995, sobre lesións en agresión, cítase a denunciante Margarita Cardelle

Quiñoy e o denunciante Yito Bensalih, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan perante este xulgado, o vindeiro día dezaseis de xaneiro, ás 11.30 horas, para asistiren á vista do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba de que intenten valerse, facéndolles sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo facelo acompañados de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1995.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

7981