Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 374

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (129/1994-05).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que por providencia dictada en data 29 de novembro de 1995, en autos de proceso de cognición número 129/1994 seguidos por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García Piccoli Atanes, contra Alfredo Jesús Fernández e Pino, sobre reclamación de cantidade, acordouse o embargo de bens propiedade do demandado en contía suficiente para cubri-las sumas de 113.359 ptas. de principal máis a de 100.000 ptas. que en principio se calculan para xuros e custas sen prexuízo da súa posterior liquidación, designándose pola parte actora os seguintes bens:

Vehículo Seat Ibiza C-8936-AS, Seat 127 M-1637-BD Renault R-4 PO-8238-A.

E para que sirva de notificación ó demandado Alfredo Jesús Fernández e Pino, co último domicilio r/ Costa de Santa Isabel, número 24-baixo, Santiago de Compostela e actualmente en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9600009