Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 373

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (224/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas Núm. 224/95 por instancia de Enrique Becares Fuentes e Manuel Boo Romero contra Aurora Martínez López, e nas súas actuacións, en resolución desta data, dictouse sentencia que literalmente di:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción Núm. dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas Núm. 224/95, sobre furto, no que foron partes como denunciantes, Enrique Becares Fuentes e Manuel Boo Romero e como denunciada Aurora Martínez López, dos que as circunstancias persoais constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido. Que debo absolver e absolvo libremente a Aurora Martínez López da falta de que viña sendo

inculpada neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da cal se levará testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Aurora Martínez López expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9508080