Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 373

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (166/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 166/1995 por instancia de José Manuel Rodríguez Caneda contra Francisco Javier Rodríguez Aguiño, e nas súas actuacións, en resolución desta data, dictouse sentencia que literalmente di:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núm. dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 166/1995, sobre ameazas e malos tratos, no que foron partes como denunciantes, José Manuel Rodríguez Caneda e como denunciados Francisco Javier Rodríguez Aguiño, dos que as circunstancias persoais constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido. Que debo absolver e absolvo libremente a Francisco Javier Rodríguez Aguiño da falta de que viña sendo inculpado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da cal se levará testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a José Manuel Rodríguez Caneda expido e asino en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

8056