Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 373

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (165/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas núm. 165/95 por instancia de Carlos Castro Vidal contra Manuel Gándara Rodríguez, e nas súas actuacións dictouse sentencia con encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas núm. 165/95, sobre furto, no que foron partes como denunciante, Carlos Castro Vidal e como denunciado Manuel Gándara Rodríguez, dos que as circunstancias persoais constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido. Que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Gándara Rodríguez da falta de que viña sendo inculpada neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Aurora Martínez López expido e asino en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

8057