Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (72/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 72/1995, sobre ameazas, no que foron parte, como denunciante Arturo Luis Zas Brey e como denunciado José Manuel Zas Brey, se dictou a sentencia con data do 27 de xullo de 1995 que na súa parte dispositiva di o que segue:

«Que debo absolver e absolvo a José Manuel Zas Brey da presunta falta a que se refire este procedemento, e declaro as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ó denunciado José Manuel Zas Brey expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1995.

O secretario

Rubricado

8058