Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NOTIFICACIÓN de sentencia (60/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no auto de faltas 60/1995, sobre ofensa a axente da autoridade, no que foron parte, como denunciantes, José Antonio Berdullas Nieto e Lourdes Grobas Fernández, e como denunciado, Juan Carlos Lema Balsas, dictouse sentencia con data 28 de xullo de 1995, e a súa decisión di como segue:

Que debo condenar e condeno a Juan Carlos Lema Balsas, como autor penalmente responsable dunha falta de desobediencia, outra de ofensas a axente da autoridade e outra de lesións, ás penas de multa de 10.000 ptas. por cada unha das dúas primeiras, con dous días de arresto substitutorio, unha vez feita excusión dos seus bens para caso de non pagamento, e 5 días de arresto menor pola terceira, e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó denunciado Juan Carlos Lema Balsas, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente notificación en Santiago de Compostela, o 27 de novembro de 1995.

O secretario

Rubricado

8009