Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (56/1995).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe qu no xuízo de faltas 56/1995, sobre escándalo público, no que foron parte como denunciantes os policías nacionais con carnés profesionais números 44.067 e 63.703 e como denunciado Alberto Agrasar Cruces, dictouse sentencia con data 26 de maio de 1995, que ten a seguinte resolución:

Que debo absolver e absolvo a Alberto Agrasar Cruces, da falta pola que foi acusado, declarando as custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Alberto Agrasar Cruces, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1995.

O secretario

Rubricado

8014