Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (65/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 65-bis/1995, sobre furto, no que foron parte, como denunciante Susana María Baluja Pérez e como denunciados Mohamed Rida Abedrahmane e Kamel Missun, se dictou a sentencia con data do 22 de maio de 1995 que na súa parte dispositiva di o que segue:

«Que debo absolver a absolvo a Kamel Missun e a Mohamed Rida Abedrahmane da presunta falta a que se refire este procedemento, e declaro as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado, para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ós denunciados Kamel Missun e Mohamed Rida Abedrahmane, en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1995.

O secretario

Rubricado

95-08010