Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 8 de novembro de 1995, acordou aprobar definitivamente o proxecto de plan parcial en S.A.U. de uso industrial parque empresarial do Vidreiro-Campolongo. Concello de Pontedeume. T.P. 72/1995.

De conformidade co Art. 124 do T.R. da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, dáselles publicidade ás normas urbanísticas contidas, do teor seguinte:

1.-Observacións:

Primera.-En relación cos servicios obsérvase no proxecto o seguinte:

a) Abastecemento de auga: de acordo co Art. 53.4º do Regulamento de planeamento, deberá terse en conta o caudal dispoñible, en relación coas necesidades das industrias que se implantarán no polígono.

b) Saneamento: para poder efectua-la conexión da rede de augas residuais do polígono á municipal, deberá garantirse a compatibilidade dos vertidos, segundo as actividades industriais que os produzan. No caso contrario deberá preverse a súa depuración previa.

c) Aparcamentos: a reserva de terreos correspondente a aparcamentos deberá cumpri-lo disposto no Art. 52.3º do Regulamento de planeamento.

Segunda.-Respecto á ocupación máxima das parcelas, que o plan parcial non especifica, haberá de terse en conta a determinación estableciada nas NSP do 70% máximo de ocupación.

Terceira.-En relación co aproveitamento urbanístico:

a) De acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1992, deo 26 de xuño, no seu artigo 27.2º, en relación coa súa disposición transitoria primeira, o aproveitamento urbanístico susceptible de aprobación polos propietarios do solo será o 85% do aproveitamento que resulte do establecido no plan parcial.

b) Así mesmo, en cumprimento, do disposto no Art. 20 do citado Real decreto lexislativo 1/1992, os propietarios do solo están obrigados a cede-los terreos en que se localice o aproveitamento correspondente ó concello, por exceder de susceptible de apropiación privada, ou, se é o caso, adquiri-lo dito aproveitamento polo seu valor urbanístico.

Coas observacións efectuadas polo Servicio Provincial de Urbanismo no presente escrito, emítese informe favorable sobre o proxecto de plan parcial no S.A.U. de uso industrial parque empresarial do Vidreiro-Campolongon, no concello de Pontedeume, debéndose ter en conta no acordo de aprobación definitiva, coa expresa indicación de que deberá cumpri-lo disposto no Art. 8d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño.

2.-Ordenanzas reguladoras.

2.1. Normas xerais.

Artigo 1º.-Natureza, ámbito e vixencia.

Artigo 2º.-Relación co plan xeral municipal

ordenación de Pontedeume.

Artigo 3º.-Alcance normativo dos documentos.

Artigo 4º.-Modificacións.

Artigo 5º.-Desenvolvemento obrigatorio.

Artigo 6º.-Sistema de actuación.

Artigo 7º.-Definicións.

2.2. Normas comúns de edificación.

Artigo 8º.-Parámetros e determinacións

reguladoras.

Artigo 9º.-Condicións xerais de uso.

Artigo 10º.-Liñas de edificación.

Artigo 11º.-Superficie edificable.

Artigo 12º.-Alturas reguladoras.

2.3. Normas particulares de edificación.

Artigo 13º.-Ordenanza A (zona industrial).

Artigo 14º.-Ordenanza B (zona dotacional).

Artigo 15º.-Ordenanza C (zonas verdes e

espacios públicos).

2.4. Regulación do uso do garaxe-aparcamento.

Artigo 16º.-Definición e clasificación.

Artigo 17º.-Condicións xerais.

Artigo 18º.-Accesos.

Artigo 19º.-Praza de aparcamento.

Artigo 20º.-Altura mínima.

Artigo 21º.-Ventilación.

Artigo 22º.-Illamento.

Artigo 23º.-Comunicación.

2.5. Normas de urbanización.

Artigo 24º.-Proxectos de urbanización.

Artigo 25º.-Tratamento de pavimentación.

Artigo 26º.-Abastecemento de auga.

Artigo 27º.-Saneamento.

Artigo 28º.-Afirmado.

Artigo 29º.-Disposición de servicios.

Artigo 30º.-Parques e xardíns urbanos.

Artigo 31º.-Aparcamentos de superficie.

Artigo 32º.-Recollida de lixo.

2.6. Condicións técnicas das obras en relación coas vías e servicios públicos.

2.-Ordenanzas reguladoras.

2.1. Normas xerais.

Artigo 1º.-Natureza, ámbito e vixencia.

1. O presente plan parcial desenvolve o solo apto para urbanizar de uso industrial definido polas normas subsidiarias de planeamento do concello de Pontedeume.

2. O plan parcial non entrará en vigor ata que se produza a publicación no BOE dos textos íntegros do acordo de aprobación definitiva e normativa urbanística, e transcorra o prazo previsto no Art. 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, das Cortes Xerais. A súa vixencia será indefinida.

3. As presentes ordenanzas serán de aplicación obrigatoria para a redacción de estudios de detalle, proxectos de urbanización e de edificación, de reparcelación e parcelación, tanto privadas coma de carácter público, que se pretendan realizar dentro do ámbito do plan parcial.

Artigo 2º.-Relación co planeamento municipal de Pontedeume.

En tódolos puntos non desenvolvidos no presente plan parcial, observarase o disposto nas normas sub

sidiarias de planeamento do concello de Pontedeume.

Artigo 3º.-Alcance normativo dos documentos.

1. O alcance normativo do plan deriva do contido normativo dos documentos que o integran.

Ordenanzas reguladoras, estudio económico, plan de etapas e planos de ordenación que terán carácter obrigatorio.

2. A cartografía, a escala 1/1000, que constitúe a base gráfica sobre a que se debuxou a planimetría, terá o carácter de cartografía municipal oficial e o seu uso será obrigatorio para reflecti-la situación e determinación de calquera actuación de planeamento ou calquera petición de licencia urbanística. O concello poderá crea-la correspondente ordenanza urbanística para a expedición de copias reproducibles da cartografía oficial.

Artigo 4º.-Modificacións.

1. A modificación de calquera dos elementos do plan axustarase ó previsto na lei e no non previsto ó disposto por estas ordenanzas.

2. As modificacións non poderán alterar en ningún caso o teito máximo de uso industrial, cambi-lo uso das zonas dotacionais a industriais, debendo xustificarse a conveniencia e oportunidade delas.

Artigo 5º.-Desenvolvemento obrigatorio.

Para a execución do plan parcial redactarase obrigatoriamente os proxectos de urbanización correspondentes. Así mesmo, será obrigatoria a redacción de estudios de detalle cando se agrupen dous ou máis parcelas e igualmente cando se subdivida algunha parcela.

Artigo 6º.-Sistema de actuación.

Fíxase como sistema de actuación ou de compensación. Este sistema só poderá ser substituído por algún dos outros contemplados na L.S. e nos supostos establecidos no R.X. calquera cambio de sistema de actuación deberá acompañarse da análise da súa repercusión no estudio económico-financeiro.

Artigo 7º.-Definicións.

Para os efectos desta ordenanza, cantas veces se empreguen os termos que a seguir se indican, terán o significado que taxativamente se expresa nas alíneas seguintes:

-Soar.

Entenderase por soar toda aquela parcela que, atopándose en solo urbano como consecuencia da execución do plan parcial e da súa completa urbanización con tódolos servicios previstos no proxecto de urbanización, cumpra todas e cada unha das condicións seguintes:

a) Ter sinaladas aliñacións e rasantes.

b) Dispoñer de acceso rodado directo pola vía a que dea fronte.

c) Ter pavimentada a calzada da vía a que dea fronte e dispoñer de encintado de beirarrúas.

d) Dispoñer de abastecementos de auga, evacuación de augas e subministración de enerxía eléctrica, nas condicións previstas no plano parcial.

e) Ter cumprido co requisito de reparcelación e/ou parcelación urbanística no caso de que fosen necesarios.

-Aliñación.

Entenderase por aliñación aquela liña límite da parcela que separa esta dos espacios libres públicos.

-Liña de edificación.

É aquela liña que a futura edificación non pode sobrepasar, agás cos beirís cando estes estean permitidos.

-Parcela edificable.

É a parte do soar comprendida entre as liñas de edificación.

-Recuados.

É o largo da faixa de terreo comprendido entre a aliñación oficial e a liña de edificación cando estas non coinciden. Así mesmo as separacións da edificación respecto ós demais lindes da parcela edificable denominaranse recuados laterais ou recuados posteriores se se refire ó linde posterior da parcela.

-Rasante.

É o perfil lonxitudinal dunha vía.

-Altura da edificación.

A altura da edificación é a dimensión vertical dun edificio. Para a súa regulación poderase utilizar unha ou ambas destas dúas unidades de medida:

a) A distancia vertical en metros desde a rasante natural do terreo, ata a cara inferior do forxado que forma o teito do último andar.

b) Número total de andares, nos que se incluirán a planta baixa e planta piso, e, nos casos en que se permita, a planta semisoto.

-Altura máxima de edificación.

É aquela que non pode superarse coa edificación. Establecerase en metros.

-Altura de pisos.

Entenderase por altura de pisos a distancia entre as caras inferiores de dous forxados consecutivos.

-Altura libre de pisos.

Entenderase como a distancia desde a superficie do pavimento acabada ata a superficie inferior do teito da planta correspondente.

-Superficie ocupada.

É a comprendida dentro dos límites definidos polas proxeccións verticais sobre un plano hori

zontal das liñas externas de toda a construcción, mesmo as subterráneas e voos.

-Superficie edificada.

É a comprendida entre os límites exteriores da construcción da planta.

-Superficie total edificada a teito ou solo.

É a resultante da suma das superficies edificadas de tódalas plantas.

-Espacios libres interiores á parcela.

Son aqueles espacios de uso privado comprendidos entre a liña de edificación e os límites da zona.

-Planta baixa, semisoto e soto.

1. Enténdese por plante baixa a planta inferior do edificio onde o solo se atopa á altura, por encima, ou como máximo, a 0,60 metros por baixo da rasante do pevimento ou terreo en contacto coa edificación.

2. Enténdese por semisoto aquela planta que, tendo o solo a máis de 0,60 m por baixo da rasante, ten o teito a máis de 0,60 m por riba da dita rasante.

3. Enténdese por soto aquela planta que ten o teito a menos de 0,60 m por riba da rasante.

-Edificio exento.

É aquel que está illado e separado totalmente doutras construccións por espacios libres.

-Usos permitidos.

Son os que se consideran axeitados nas zonas que se sinalan nas presentes ordenanzas.

-Usos prohibidos.

Son aqueles que non se consenten por seren inapropiados nas zonas que se sinalan nas presentes ordenanzas.

-Edificio exclusivo.

É aquel en que tódolos seus locais desenvolven actividades comprendidas no mesmo uso.

-Edificabilidade.

Desígnase con este nome a medida da edificación permitida nunha determinada área do solo. Establecerase en metros cúbicos por cada metro cadrado de superficie da zona ou área edificable (parcela) de que se trate.

-Voo.

Enténdese por voo o saínte da edificación respecto á aliñación na planta piso sobre as vías públicas, nas condicións fixadas pola ordenanza correspondente.

2.2. Normas comúns de edificación.

Artigo 8º.-Parámetros e determinacións reguladoras.

A edificación no ámbito do plan parcial axeitarase ó tipo de edificación definida nos planos de orde

nación e ós parámetros definidos polos cadros de características que terán carácter de máximos.

Os parámetros e determinacións reguladoras que se establecen para cada tipo son:

-Aliñación exterior.

-Altura máxima.

-Volume edificable máximo.

Artigo 9º.-Condicións xerais de uso.

1. Son as condicións que regulan os diferentes empregos dos terreos e edificacións segundo a actividade que se produza sobre eles.

2. Os empregos divídense en permitidos e prohibidos con base na súa adaptación a cada sector do solo e os fins da ordenación e á compatibilidade dos usos entre si.

3. As compatibilidades de emprego establécense en cada ordenanza debéndose cumprir en calquera caso as normas xerais de emprego do planeamento municipal.

Artigo 10º.-Liñas de edificación.

Son as liñas definidas nos planos de ordenación; e enténdese como distancia mínima ás aliñacións e lindeiros laterais e posteriores.

2.3. Normas particulares de edificación.

Artigo 13º.-Ordenanza A (zona industrial).

1. Aplícase esta ordenanza ó conxunto de zonas edificables destinadas a uso industrial.

2. Fíxase, en principio, un tipo de ordenación con base nas edificacións exentas en cada parcela.

3. Poderase, mediante a realización dun estudio de detalle, dividir ou agregar parcelas contiguas destinadas a uso industrial e realizar actuacións en fileira ou encostadas, ou semellantes, respectando sempre os parámetros definidos para as parcelas orixinais canto á separación de lindeiros, volume máximo edificable, etc.

4. A altura máxima da edificación será 12 metros, podendo superarse con instalacións especiais.

(A altura medirase a partir da rasante no punto medio da aliñación da parcela pola que se accede a ela desde o viario público).

5. Permitiranse soto e semisoto destinados a garaxes-aparcamentos e dependencias auxiliares sen que computen edificabilidade.

6. A edificación deberá gardar un recuado mínimo de 3 metros respecto ós lindeiros laterais e 5 metros respecto ós lindeiros posteriores, se os ditos lindeiros son comúns a dúas parcelas edificables.

Mediante acordo mutuo entre dous propietarios de parcelas colindantes poderanse acomete-las edificacións encostadas a lindeiros comúns.

7. Os accesos ás parcelas edificables serán a través do viario rodado público.

8. O volume edificable en cada parcela será o que resulte de multiplica-la superficie da parcela en metros cadrados por 8 m.

9. Usos. Autorízase todo tipo de uso industrial que cumpra coa normativa indicada no Art. 8.2º da modificación das normas subsidiarias de planeamento do concello de Pontedeume (aprobadas en 1990). Permítense os usos de oficinas, comercial e hoteleiro.

Artigo 14º.-Ordenanza B (zonas dotacionais edificables).

A delimitación será a definida no plano de ordenación correspondente.

A ocupación da edificación en planta non poderá exceder do 70% da superficie da parcela.

A altura máxima será de 12 m con carácter xeral, non podendo ser sobrepasada máis que por elementos ornamentais.

Edificabilidade máxima de 8 m/m sobre superficie total de parcela.

Condicións de uso. Permitiranse os seguintes usos, comerciais, sociais, deportivos e de servicios.

Trataranse as superficies libres definindo:

As axardinadas totalmente.

Os arboredos con solo de terra.

Os de pavimento impermeable accesible a vehículos.

Os de pavimento impermeable accesible só ós peóns con tratamento en chanzos ou semellante.

Artigo 15º.-Ordenanza C (zonas verdes e espacios libres públicos).

Condicións xerais.

Delimitación. A definida no plano de zonificación.

Condicións de volume e uso. Nestas zonas, dedicadas a garanti-la salubridade, o repouso e o lecer da poboación non se permitirá ningún tipo de edificacións permanentes agás a necesaria para o mantemento das propias zonas (invernadoiros, almacén de utensilios de xardinería) xustificando previamente a necesidade da súa instalación na propia zona verde ou libre de uso público. Como excepción e logo do acordo municipal poderán autorizarse a instalación permanente de elementos de ornato (templetes, quioscos de música) ou complementarios ó uso das zonas verdes (escenarios de teatros ó aire libre, pistas de baile descubertas, etc.).

Poderá autorizarse así mesmo a situación de casetas e quioscos desmontables para fins propios dos usos convencionais destas zonas, así como a moblaxe necesaria (bancos, papelerías, fontes de auga potable, xogos de nenos, etc.).

En calquera caso a superficie total ocupada con tódolos elementos permanentes antes citados non poderá supera-lo 5% da superficie total da zona.

A ocupación máxima considerando os elementos permanentes e os desmontables non poderán supera-lo 10% da superficie total da zona.

Os peches, cando sexan necesarios, non excederán a altura de 0,50 m con materiais opacos podendo super-lo dito límite con elementos diáfanos ou elementos vexetais.

As zonas verdes e espacios libres de uso público deberán estar convenientemente urbanizadas, coas súas correspondentes sendas peonís, camiños, escaleiras e acondicionamento vexetal, así como dotadas de iluminación pública, rede de pluviais e abastecemento de auga necesario para o seu funcionamento e conservación.

2.4. Regulación do uso do garaxe-aparcamento.

Artigo 16º.-Definición e clasificación.

1. Denomínase «garaxe-aparcamento» todo lugar destinado á estadía de vehículos de calquera clase.

2. Para os efectos de aplicación destas normas só se permiten os garaxes-aparcamentos vinculados ás industrias implantadas nas parcelas. Poderanse situar na planta soto, semisoto ou planta baixa.

Artigo 17º.-Condicións xerais.

A instalación e emprego de garaxes-aparcamentos e locais para o servicio de automóbiles deberá axustarse ás prescricións das disposicións vixentes.

Artigo 18º.-Accesos.

Os garaxes-aparcamentos disporán dun espacio de acceso de tres metros de largo e terán que estar como mínimo situados a dous metros recuados sobre a aliñación oficial.

Se se realizase o acceso mediante ramplas, estas non sobrepasarán a pendente do 16% nos tramos rectos e o 12% nos tramos curvos. O seu largo será de 3 m mínimo e o radio de curvatura de 6 m.

A localización do acceso á rúa deberá estar contida nos proxectos de edificación. Cando se realicen estudios de detalle unindo varias parcelas poderase realizar un acceso único para tódalas implantacións agrupadas mediante o estudio de detalle.

Artigo 19º.-Praza de aparcamento.

Enténdese por praza de aparcamento un espacio mínimo de 2,20 por 4,50 metros, libres de obstáculos.

Artigo 20º.-Altura mínima.

En garaxes-aparcamentos admítese unha altura libre mínima de dous metros en calquera punto.

Artigo 21º.-Ventilación.

A ventilación, natural ou forzada, estará proxectada con suficiente amplitude para impedi-la acumulación de valores de gases nocivos.

Artigo 22º.-Illamento.

O recinto do garaxe-aparcamento deberá estar illado do resto da edificación ou predios colindantes por valados e forxados, resistente ó lume, e con illamento acústico de acordo coas regulamentacións sobre ruídos.

Artigo 23º.-Comunicación.

Poderá comunicarse o garaxe-aparcamento coa escaleira, ascensor, cuartos de caldeiras, salas de máquinas, ou outros usos sellellantes autorizados do inmoble.

2.5. Normas de urbanización.

Artigo 24º.-Proxectos de urbanización.

Como desenvolvemento do plan parcial redactaranse os proxectos de urbanización que desenvolven as determinacións daquel, conforme as presentes ordenanzas.

Artigo 25º.-Tratamento de pavimentación.

Tódalas beirarrúas e calzadas en contacto coas paredes edificables trataranse con pavimento impermeable axeitado á súa funcionalidade.

Artigo 26º.-Abastecemento de auga.

A dotación mínima de auga potable en zonas industriais será de 0,5 l/seg. ha; nas dotacións, de 0,8 l/seg. ha e nas zonas verdes, de 0,2 l/seg. ha.

As condicións situaranse a unha profundidade mínima de 0,60 m e irán reforzadas con envolvente de formigón.

Os encanamentos de auga potable irán sempre a cota superior ás de saneamento. A separación vertical mínima entre os ditos encanamentos será de 0,30 m.

As conexións ós encanamentos mestres ou aneis principais de distribución desde as distintas edificacións faranse controladas.

Artigo 27º.-Saneamento.

As acometidas á rede de saneamento serán controladas mediante conduccións lonxitudinais ó longo das beirarrúas (ver esquema).

Artigo 28º.-Afirmado.

O afirmado de rúas de estructura coas seguintes capas indicativas: rodadura, base e subbase.

Artigo 29º.-Disposición de servicios.

As canalizacións de auga e servicios dispoñeranse baixo as beirarrúas. Se isto non é posible de acordo coa xeometría das diferentes casas subministradas e a regulamentación vixente, canalizarase baixo a calzada.

Artigo 30º.-Parques e xardíns urbanos.

1. As zonas libres e verdes axardinaranse adaptando no proxecto as determinacións de trazado e vexetación sinaladas no plano de ordenación.

2. Os parques e xardíns deberán urbanizarse con arboredo, macizos de xardín e céspede, sendas, farolas, elementos ornamentais e outros elementos accesorios. A composición dos xardíns axustarase ó previsto no plano de ordenación e ás regras da xeometría, orde e proporción. As plantacións e elementos ornamentais responderán ó criterio de maior interese botánico, científico e educativo, ás tradi

cións populares e urbanas e á significación cultural e artística.

Artigo 31º.-Aparcamentos de superficie.

Os proxectos de urbanización preverán polo menos un 2% das prazas de aparcamento para uso de minusválidos, para o que deberán especifica-la correspondente sinalización.

Artigo 32º.-Recollida de lixo.

Esixirase a recollida de lixo, controlada individualmente polos propietarios das parcelas co concello de Pontedeume.

Formularase a instalación dun espacio para depósitos de lixo cos seus elementos para albergue, e instalacións de auga e desaugadoiro, situados en contacto directo coa vía pública e como mínimo, espacio para 6 colectores. A definición do deseño dos elementos de albergue e a súa situación definiranse no proxecto de urbanización.

2.6. Condicións técnicas das obras en relación coas vías e servicios públicos.

Danos ás vías ou servicios municipais.

Todo propietario que execute unha obra, de calquera natureza, será responsable perante o concello dos danos que coa súa execución poida ocasionar nas vías públicas ou servicios municipais.

Obras que afecten a servicios públicos.

Se as obras que se executan afectan a servicios públicos de carácter xeral ou público, os propietarios comunicaránllelo por escrito ás empresas correspondentes ou entidades administrativas, con 8 días de antelación ó seu comezo, e no dito prazo as empresas ou entidades deberán toma-las medidas oportunas para evitaren danos propios ou a terceiros, dos que serán responsables desde a finalización do prazo anteriormente mencionado.

Almacenemento de entullos e materiais.

Os entullos e materiais non poderán amorearse na vía pública, nin apoiados nos valados e muros de cerramento.

Andamios e material auxiliar.

Tódolos andamios auxiliares da construcción deberán executarse baixo a dirección facultativa copetente e dotarse das precaucións necesarias para evitar que os materiais e ferramentas de traballo poidan caer á rúa, na que se situarán os sinais de precaución que sexan convenientes en cada caso.

En toda clase de construcción, así como no emprego de maquinaria auxiliar da mesma, gardaranse as precaucións de seguridade no traballo esixidas polas leis vixentes en cada momento sobre o material.

Valado de obras.

1. En toda obra de nova planta ou derruba e nas de reforma ou conservación que afecten ás fachadas, deberase colocar un valo de protección de dous metros de altura, como mínimo, de materiais que

ofrezan seguridade e conservación decorosa e situada á distancia máxima de dous metros da aliñación oficial. En todo caso, deberá quedar remitida do bordo, polo menos, 0,60 metros, para permiti-lo paso de peóns.

2. Cando por circunstancias especiais non se faga aconsellable a aplicación das ditas normas, o técnico municipal correspondente fixará as características do valo, podendo ordena-la súa desaparición total no momento que remate os traballo indispensable en planta baixa, continuando as obras nas plantas superiores; despois da colocación dun andamio de protección que permita o tránsito pola beirarrúa e ofreza as debidas seguridades para a circulación na vía pública.

3. Cando as obras ou instalacións poidan supoñer, en si mesmas ou na súa montaxe, un perigo para os viandantes, esixirase, durante as horas de traballo, a colocación na rúa dunha corda ou palenque cun operario que advirta o perigo. Cando as características de tránsito a aconsellen, poderá limitarse o traballo a determinadas horas.

4. Nas zonas en que sexa obrigatoria o recuado, o valo colocarase na aliñación oficial. Non será obrigatoria cando estea construído o cerramento definitivo.

5. A instalación de valos enténdese sempre con carácter provisional, mentres dure a obra, por iso desde o momento no que transcorra un mes sen comeza-las obras, ou estean interrompidas, deberá suprimirse o valo e deixar libre a beirarrúa ó tránsito público.

3.-Plan de etapas.

Establécese unha única etapa para a execución da totalidade das obras de urbanización.

Terá unha duración de dous anos, contados a partir da data da entrada en vigor do proxecto de urbanización, ou tres anos desde a entrada en vigor do plan parcial.

4.-Estudio económico-financeiro.

4.1.1. Avaliación económica de sistemas xerais.

4.1.2. Avaliación económica de urbanización.

4.2.1. Resumo da avaliación de sistemas xerais.

4.2.2. Resumo da avaliación de urbanización.

4.3. Resumo da avaliación.

Pontedeume, 17 de novembro de 1995.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde

9508444