Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 1995, o proxecto de expropiación dos bens precisos para a construcción en Vilalba dun edificio multiusos e preparación dos terreos para a construcción de vivendas de promoción pública nas rúas Pita da Veiga e Pedreiras, cunha superficie de 7.540 metros cadrados, ábrese información pública por prazo dun mes, contado desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes de acordo co disposto no artigo 219 do texto refundido da Lei do solo.

Vilalba, 19 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-07831