Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servicio de subministración de auga corrente ós municipios de Muros e Carnota.

Os concellos de Muros e Carnota aprobaron o prego de condicións da devandita licitación, que se expón ó público polo prazo de oito días para reclamacións. Así mesmo convocan licitación pública para a adxudicación por concurso da concesión do servicio de acordo co citado prego.

1. Tipo de licitación: non se fixa, polas especiais características do contrato.

2. Prazo de duración: vinte anos, renovables por períodos de cinco ata o máximo de cincuenta anos.

3. Forma de adxudicación: por concurso.

4. Presentación de proposicións: no prazo de vinteseis días naturais contados a partir da publicación do derradeiro dos anuncios no BOP ou DOG, en horas de atención ó público (9 a 14.30 horas) no rexistro xeral do Concello de Muros. O expediente e prego de condicións están ó dispor dos interesados na secretaría do Concello de Muros.

5. Fianzas provisoria e definitiva: 250.000 ptas. e 2.000.000 de ptas., respectivamente.

6. Apertura de plicas: na Casa do Concello de Muros ás 12 horas do primeiro día solto seguinte a aquel no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Modelo de proposición:

Don/Dona..., titular do DNI número..., veciño/a de..., con domicilio en..., que actúo en nome propio/en representación de..., segundo o poder suficiente que achego, comparezco perante o Concello de Muros e expoño,

Primeiro.-Que desexo participar no concurso público convocado para adxudica-lo contrato de concesión da xestión integral do servicio municipal de subministración de auga corrente ós municipios de Carnota e Muros.

Segundo.-Acepto na súa integridade o prego de condicións económico-administrativas que rexen o devandito concurso.

Terceiro.-Comprométome de resultar elixido adxudicatario, á prestación do servicio obxecto de contrato de acordo co citado prego de condicións e ás seguintes cláusulas:

A. A tarifa media para 1996 será a seguinte: 25 ptas./m de auga facturada.

B. Comprométome a realiza-las seguintes obras nos prazos que se sinalan e por un valor total de... ptas. de execución de contrata.

C. A anualidade constante de amortización (capital máis xuros) para a recuperación dos investimentos realizados fixados en... ptas. ó ano durante un período de... anos.

D. Logo de recupera-lo custo unitario pola xestión do servicio e a anualidade de amortización polos investimentos realizados, aboareille ós concellos de Carnota e Muros un canon... ptas./m de auga facturada.

Cuarto.-A documentación esixida, e concretamente a oferta económica, consta na proposición presentada.

Quinto.-Achego os cadros de prezos que rexerán en 1995 para as obras de acometida á rede e instalación de contedores ós que se refire o prego de condicións.

Muros, 4 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

8273