Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.742

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (434/1992).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, figura a recaída nos autos de xuízo de divorcio número 434/1992, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela, o tres de febreiro de mil novecentos noventa e tres, Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 434/1992, por instancia de Digna María Conde Rey, maior de idade, con domicilio en Santiago de Compostela, na rúa Ponte de Viso, número 17, representada polo procurador Solar Vigo e baixo a dirección técnica do letrado González Cid contra Manuel Cea Balebona, maior de idade, en paradoiro descoñecido e en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, considerando a demanda interposta pola representación de Digna María Conde Rey contra o seu esposo Manuel Cea Balebona, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído polos mencionados cónxuxes, cos efectos legais inherentes a esta declaración, sen facer expresa imposición das custas procesuais.

Adóptanse as seguintes medidas reguladoras do divorcio:

1. O fillo menor do matrimonio, Gonzalo, quedará baixo a garda e custodia da mai.

2. Cea Balebona contribuirá mensualmente ó levantamento das cargas familiares e alimentos do fillo co trinta por cento das sumas que perciba por calquera concepto, suma variable anualmente segundo índice de prezos de consumo, que fixe o Instituto Nacional de Estatística.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no plazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

Publicación. A anterior sentencia foi pronunciada, lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a asina, cando se celebraba audiencia pública, no mesmo día da súa data, dou fe».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandado en situación procesual de rebeldía, Manuel Cea Balebona, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

7815